Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 23.11.2017 Actualizado 20:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 5 de 15 noticia anterior de Galicia Galicia  |   RSS - Galicia RSS

mentres valoran amplialo a outros centros

Os gandeiros proseguen o bloqueo a un hipermercado da Coruña

A nova mobilización busca esixir o cumprimento dos acordos subscritos en setembro co sector lácteo e que a suba de prezos por litro de leite aos consumidores, -de seis céntimos, segundo os gandeiros- reverta tamén neste colectivo

E.P. A CORUÑA  | 11.12.2015 
A- A+

Produtores lácteos galegos proseguen o bloqueo ao Carrefour de Alfonso Molina, na Coruña, cuns 150 tractores, mentres valoran amplialo a outros centros comerciais, segundo informaron a Europa Press dirixentes de sindicatos agrarios.

 Sobre esta posibilidade, o representante de Unións Agrarias, Óscar Pose, dixo que esta cuestión se abordará nunha asemblea que convocarán pola tarde, despois de pospoñer a que inicialmente tiñan previsto celebrar pola mañá.

"En función da xente que esteamos", dixo ao ser preguntado se se levará a cabo un bloqueo noutros centros. De momento, indicou que a súa intención é continuar ante o hipermercado de Carrefour, onde, segundo explicou, segue o bloqueo impedindo o acceso aos aparcamentos.

 Sobre a data en que a poderían ampliar a protesta, non descartou que sexa esta fin de semana ou a semana que vén". Non obstante, evitou concretar máis ao respecto á espera do que se acorde na reunión.

A nova mobilización busca esixir o cumprimento dos acordos subscritos en setembro co sector lácteo e que a suba de prezos por litro de leite aos consumidores, -de seis céntimos, segundo os gandeiros- reverta tamén neste colectivo.

Na protesta, iniciada este xoves e que ten carácter indefinido, participan, entre outros, produtores lácteos de Irixoa, Aranga, Ordes, Arzúa e a bisbarra de Ferrolterra.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS