Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 01.39
A Garda Civil nega que se sancione os axentes por non poñer multas
A CORUÑA. EP | 03.07.2012
O presidente da Unión de Oficiais da Garda Civil-Profesional, Francisco García Ruiz, sinalou que é "totalmente falso" que os mandos da Garda Civil ameacen aos seus subordinados con sancionalos se non efectuan un número determinado de denuncias de tráfico e recordou que hai 14 parámetros para obter a media de produtividade e que "non só se valoran as denuncias".
En declaracións a Europa Press, García Ruiz tamén negou as acusacións verquidas dende a asociación de Unión de Gardas Civís de denunciar só con afán recaudatorio e de abusar da realización das probas de alcoholemias.
Ao respecto, García Ruiz recordou que as probas de alcoholemia son "seguridade vial" e indicou que no período que transcorre entre xaneiro e maio de 2012 se realizaron preto de 400 probas menos respecto aos datos rexistrados nas fichas datas de 2011.
Da mesma forma, engadiu que puxeron 5.200 multas de radar menos durante eses meses de 2012, en relación ao ano anterior, segundo apuntou García Ruiz quen recordou que hai 14 parámetros para obter a media de produtividade e que ademais do número de denuncias "se valoran outras moitas cousas".
Por último, anunciou que presentaron unha papeleta de conciliación contra o secretario da asociación Unión de Gardas Civís, Manuel Mato, por un presunto delito de aldraxes e calumnias contra o capitán xefe do subsector de A Coruña, Juan José Rodríguez Fernández.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.