Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 21.20
![]() |
| Rosa Quintana, dereita, xunto a Corina Porro, que recibiu un premio pola colaboración do Porto de Vigo FOTO: SALVADOR SAS/EFE |
O Servizo de Gardacostas da Xunta cumpre en 2010 os seus 20 anos de actividade, período no que salvou a vida a máis dun total de 1.321 persoas, segundo afirmou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante un acto de celebración deste aniversario. Durante a cerimonia, celebrada en Vigo e no transcurso da cal se entregaron galardóns a profesionais e persoas vinculadas con este servizo de rescate e inspección pesqueira, realizouse unha homenaxe ás persoas falecidas no mar e un exercicio na ría, Quintana destacou que este período estivo marcado pola "evolución" e os "avances" tanto en medios técnicos como humanos. Neste sentido, destacou o labor das persoas que arriscan día a día as súas vidas para salvar a doutros".
Así, indicou que estes avances tanto nos medios como no que respecta ó persoal leva a dar pasos cara a unha actividade 24 horas os 365 días do ano. A responsable de Mar non só destacou o "esforzo" das administracións e os profesionais do Servizo de Gardacostas, senón tamén o de "todos os galegos, ó apoiar economicamente este servizo" que foi"pioneiro" e agora "punteiro" en toda España. Quintana tamén destacou o "recoñecemento" que os gardacostas teñen entre a xente do mar e destacou que a sensación de "seguridade" que sente esta vén apoiada por numerosas actuacións, non só as de repercusión mediática como o Prestige ou o Mar Egeo, senón tamén as que axudaron a salvar vidas de navegantes "anónimos".
Durante o acto entregáronse galardóns a diversos profesionais do servizo, en recoñecemento ó seu labor e dedicación. Tamén se recoñeceu o labor de colaboración do Porto de Vigo -recolleu o galardón a súa presidenta, Corina Porro-, o xefe de frota do Sikorsky, José Manuel Rodríguez -polo mantemento dos helicópteros e as bases-, e do ex conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, por ser impulsor do Servizo Aéreo de Rescate. O propio López Veiga tomou a palabra para recordar que o servizo empezou en 1990, cando, tras anos "catastróficos", se decidiu que "había que facer algo"; e destacou que "en moi poucos sitios do mundo" hai unha cobertura como a galega.
