Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Goberno aproba un indulto parcial para os sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez

VIGO. EP  | 11.02.2019 
A- A+

O Goberno central aprobou este luns un indulto parcial para os sindicalistas vigueses Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, segundo publica o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Deste xeito, os empregados, que foron condenados en 2011 a tres anos de cárcere por un delito contra os dereitos dos traballadores e a unha multa de cinco euros diarios durante doce meses, verán conmutada a súa pena de prisión por outra sanción económica de seis euros ao día ao longo de dezaoito meses.

Estes sindicalistas do sector do transporte foran condenados após participar nun piquete durante unha folga no ano 2008. Posteriormente, en 2014, o Parlamento de Galicia apoiou de forma unánime a petición do indulto parcial para evitar que ambos ingresasen en prisión.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS