Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 12.15

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Goberno galego rebaixa un 7% o valor de mercado de inmobles en 119 concellos

Feijóo destaca que este tipo de autoliquidacións supón que a Administración pública se compromete a non facer un contravalor

SANTIAGO. EP  | 27.07.2012 
A- A+

O Goberno galego decidiu revisar á baixa para o segundo semestre do ano a súa orde anual que regula o sistema de prezos medios de mercado dos inmobles para o 81 por cento da poboación galega, residente nun total 119 municipios, ao entender que se producirá unha caída de prezos neste sector.

"Quen queira comprar ou transmitir vivendas terá que facer unha liquidación por imposto un 7 por cento inferior ao que viña facendo anteriormente", aseverou Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que proclamou que o seu Goberno actúa "con inmediatez" para consolidar un sistema que ten "vantaxes" para a administración e para os cidadáns.

As vantaxes para a administración, argumentou, traduciranse no mantemento dun sistema "áxil" de xestión tributaria "máis eficiente e máis útil" na loita contra a fraude fiscal. Para os cidadáns, os beneficios centraranse en que seguen contando "cunha norma concreta para calcular os seus impostos antes da súa liquidación".

"O obxectivo é que ninguén pague máis do que lle corresponde, é dicir, que se pague o xusto no momento de adquisición ou no momento de transmisión dunha vivenda en Galicia, cunha rebaixa do 7 por cento para este segundo semestre do ano 2012," incidiu.

Ao tempo, subliñou que non só, agora que as vivendas valen menos, pagarase "menos", senón que o contribuínte contará cun instrumento preciso para coñecer o valor do mercado e que lle permite cumprir as súas obrigas fiscais sen que poida haber algún tipo de sanción posterior.

SEN RECURSO

Deste modo, todos os contribuíntes que acepten esta orde de prezos orientativa teñen "a seguridade" de que non poden ter recurso á súa autoliquidación por parte da Administración pública.

"Seguimos avanzando evitando a fraude fiscal, superamos o anterior modelo baseado en taxacións, moi custoso, que supoñía dificultades para recoller posibles singularidades de determinados bens e reducir a litixiosidade, dado que este tipo de autoliquidacións supón que a Administración pública se compromete a non facer un contravalor ou unha contraliquidación adicional", espetou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS