Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Gonzalo Caballero critica a Feijóo por xestionar a Xunta como unha "tómbola electoral" con "boletos que nunca tocan"

Cre que o PPdeG "xoga á confusión" coa súa postura contra o Goberno central, que "é serio e cumpre cos galegos"

SANTIAGO. EP  | 11.07.2019 
A- A+

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, por converter a súa acción de goberno desde a Xunta en "unha tómbola electoral na que reparte boletos anunciando que teñen premio pero que nunca tocan".

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves, o secretario xeral dos socialistas galegos teorizou con que "desde que se atopou cunha realidade que reflectiu un novo escenario político" en Galicia tralo pasado ciclo electoral, Núñez Feijóo iniciou "unha campaña de mercadotecnia e publicidade que contrasta cos feitos das súas políticas e a realidade do país".

"A súa actividade de goberno no últimos dez anos non solucionou os grandes problemas do país", dixo Caballero en referencia á sanidade pública ou a demografía, ámbitos nos que, segundo o socialista, o Executivo de Feijóo recibe "un suspenso palmario".

A continuación, considerou que o mandatario popular "non vai conseguir solucionar" estes problemas no último ano "con promesas" que ve orientadas a "salvar os mobles" nas eleccións galegas previstas para o outono de 2020.

Así, tachou a Feijóo de "vendedor de fume" que "asume un papel arrogante e prepotente" nos debates parlamentarios, onde "proxecta unha imaxe do país que non compran os galegos. Nesta liña, cre que o Partido Popular usará a Xunta "nos próximos doce meses" para "vender de forma publicitaria" medidas orientadas a liquidar problemas "que non arranxaron en dez anos".

"Pedímoslle que tente solucionar nos meses que quedan os problemas que el creou nos PACs, na atención primaria, na educación pública ou en políticas sociais. Pedímoslle que rectifique, pero que non venda promesas grandilocuentes desde o goberno da Xunta", remarcou.

DEBATER "CANDO QUEIRA E ONDE QUEIRA"
Caballero, que ingresará na Cámara galega como deputado trala renuncia de Abel Losada, convidou a Núñez Feijóo a medirse nun debate "cando queira e onde queira".

Fíxoo despois de que membros do Partido Popular como o seu secretario xeral, Miguel Tellado, acusasen a Caballero de atrasar a súa entrada no Parlamento por "medo" a medirse con Feijóo.

"Quen está preocupado é Feijóo", apuntou o líder socialista, que lembra que o PSOE gañou en Galicia as eleccións xerais e as europeas e goberna "ao 55% da poboación galega" a través do poder municipal. "Ao PSdeG vaille moi ben a Galicia, é ao PP a quen lle vai mal", engadiu.

RECLAMACIÓN DA XUNTA AO GOBERNO
Caballero tamén respondeu a unha pregunta sobre a iniciativa aprobada polo Parlamento de Galicia na que instan á Xunta a reiterar ante o Goberno estatal que habilite de maneira urxente os mecanismos legais necesarios para facer efectiva a transferencia dos 700 millóns de euros comprometidos para este ano e que aínda lle debe á comunidade autónoma.

"Cando falamos de débedas con Galicia, o primeiro que ten facer as contas é o PP e Feijóo", sinalou Gonzalo Caballero en referencia as partidas para Galicia dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) que quedaron sen executar durante os anos no goberno do popular Mariano Rajoy.

"Xa sabemos cal é a estratexia de Feijóo: xogar á confusión para sacar pingües beneficios", aseverou antes de apuntar que o PSdeG non quere "xogar" no marco do "cinismo e a hipocrisía" que atribúe ao PPdeG.

Así as cousas, defendeu que "o que lle corresponde a Galicia sempre estará en Galicia cun goberno socialista" e que o Executivo do presidente en funcións, Pedro Sánchez, "é serio e cumpre cos galegos".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS