Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Grupo Parlamentario Socialista nomea por erro a Abel Caballero como novo portavoz na Cámara galega

SANTIAGO. EP  | 03.12.2019 
A- A+

O Grupo Parlamentario Socialista enviou un escrito á Mesa do Parlamento de Galicia no que rexistra, por erro, a Abel Caballero como novo portavoz parlamentario en lugar da o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

No documento remitido á Mesa e asinado dixitalmente polos deputados socialistas, o PSdeG comunica por erro ao alcalde de Vigo como novo portavoz, quen é, á súa vez, tío do xefe de filas dos socialistas galegos.

Fontes socialistas restaron importancia a este fallo e explicaron a Europa Press que se tratou de "un erro humano" e que "aos 20 minutos xa estaba solucionado".

Aínda que durante anos as discrepancias políticas caracterizaron a relación entre o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu sobriño, Gonzalo Caballero, na actualidade ambos enterraron estas diferenzas.

O erro non tardou en ser difundido por diferentes cargos populares a través das redes sociais, como o propio vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda.

NOMEAMENTO
O pasado sábado, a executiva do PSdeG abordou o nomeamento de Gonzalo Caballero, como novo portavoz na Cámara galega aínda que manterá a súa axenda como xefe de filas da formación.

Para iso, o Grupo Parlamentario Popular manterá o tres viceportavocías que xa tiña e que ostentaban Patricia Vilán, Luís Álvarez e Noela Blanco, que levarán a xestión ordinaria das cuestións parlamentarias.

Ademais, este luns, o novo portavoz socialista explicou que haberá "unha reasignación" das comisións entre os seus 14 deputados, uns cambios "motivados pola saída" de Leiceaga da Cámara galega. En palabras de Caballero, será "unha actualización da organización interna do grupo".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS