Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 24.07.2014  | Actualizado 19.24

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

DENDE AS ONDAS

Que guapo estaría calado

ANTONIO GUTIÉRREZ  | 21.03.2012 
A- A+

Os “ex” adoitan ser unha molestia en calquera ámbito da vida. Pero na política son un problema enquistado que supura cando menos se espera. A última pústula política que non puido aturar máis o recomendable silencio foi o ínclito Francisco Camps. Xa saben, o político que sempre se mercou os seus traxes e que tiña unha percha impecable para xustificar o inmenso fondo de armario que agochaba na casa. Lonxe de buscar o anonimato ata que se calmen as augas, decidiu sair do ostracismo e quitar peito nun remedo do vello principio castizo de sostenella e non enmendalla. Manía polo demáis tan propia do PP.

Hoxe (xoves 15) sae aos quioscos unha extensa entrevista do que fora todo poderoso Presidente da Generalitat valenciana. Pero contra o que cabía esperar, non se publica nun medio dos considerados tradicionalmente de prestixio, senón nunha revista que se auto define de moda e beleza. Supoño que callou o gusto entre cutre e frívolo inaugurado polas ministras de Zapatero en Vogue.

 

Camps, cómpre lembralo, gobernou unha autonomía que foi o motor económico da España da primeira velocidade e que agora está na UVI a piques de fenecer afogada polas débedas e unha xestión algo máis que dubidosa. Camps foi xulgado e absolto por uns traxes de nada mentres sae cos zapatos limpos de toda a mugre que levou á Comunidade Valenciá a estar na actual situación. ¡Cousas veredes!

 

No adianto de tan fausta exclusiva pódese ler unha afirmación tallante de Camps que cualifica ao personaxe sen demasiadas dúbidas. Preguntado por se ten algo do que se arrepentir contesta cun rotundo non. Él o único que fixo na súa vida foi gañar eleccións. E xa no colmo do paroxismo psicolóxico, solta unha perorata sobre o moderna e digna que se converteu Valencia co seu Goberno e como a converteu nunha especie de faro que alumeaba o camino do futuro de España durante o inverno nuclear de Zapatero (sic). E non parece que o diga de broma. Quen coñeza a crítica situación de Valencia que faga un esforzo por non responsabilizar á familia deste individuo, que a pobre non ten culpa.

 

Alguén dixo estes días que o máis ridículo, ou o máis significativo, da entrevista é que se realizou na Albufera, o escenario de “cañas e barro” e tantas outras traxedias de Blasco Ibáñez. Xa se poden imaxinar os chistes que provocou o asunto a conta da “coña” ou da lama que, sempre presuntamente, hai na xestión do señor Camps.

 

Supoño que Rajoy está nervioso. Agora que xa calou a Aznar sáelle contestón outro ex Presidente. E ademáis este ameaza con forzar unhas primarias. Iso alomenos hai que concluir desas palabras nas que confesa estar máis preparado ca nunca para ser Presidente da Generalitat ou do Goberno central. Co guapo que estaría caladiño e nun discreto cuarto plano.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS