Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Economía ·· CONCURSO EÓLICO

Guerra di que dará "todas as explicacións"

30.03.2011  O conselleiro de Economía e Industria afirmaque o que fan os partidos da oposición é "aproveitar para enredar"

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AXENCIAS . SANTIAGO

Á dereita, Guerra, cuestionado polo plan eólico cando comparecía co director do Igape, Joaquín Varela, sobre Alfageme FOTO: CONCHI PAZ
Á dereita, Guerra, cuestionado polo plan eólico cando comparecía co director do Igape, Joaquín Varela, sobre Alfageme
FOTO: CONCHI PAZ

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegurou que dará "todas as explicacións que sexan necesarias" sobre o desenvolvemento do concurso eólico en Galicia, que segue o seu proceso de desenvolvemento "normal" e "en absoluto" está suspendido.

En roda de prensa, e ante as peticións de BNG e PSdeG para que dea conta de dito desenvolvemento no pleno do Parlamento, Javier Guerra indicou que solicitou a comparencia na Cámara autonómica "hai un mes", posto que non ten "ningún problema". Ó seu xuízo, o que están facendo os partidos da oposición é "aproveitar para enredar".

Fano, censurou, "con argumentos que son falsos", xa que, tal e como volveu repetir o conselleiro de Economía e Industria, é "unha falsidade" que o concurso estea en suspenso, como din os nacionalistas.

En relación cos recursos interpostos por empresas, "contestáronse en tempo e forma", defendeu, polo cal "todo segue o seu camiño".

Con todo, Guerra mostrou a súa disposición a "explicar todo o que sexa necesario" en pleno e avanzou que a exposición da listaxe de empresas que solicitaron moetarizar os seus proxectos o realizarán "antes" de dita comparecencia.

Onte, antes de que Guerra se manifestase deste xeito, o viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez Romeu, demandáralle explicacións sobre os "criterios" de repartición do concurso eólico tendo en conta que empresas "creadas ad hoc" reciben "un número importante" de megawatts (MW) mentres outras, "consolidadas" no sector, foron "vetadas". Deste xeito, en roda de prensa, referiuse á publicación na prensa dunha concesión de 18 megawatts a firma Vendavales Galaicos, creada en xullo do 2010 co capital mínimo (3.100 euros) e propiedade dun procesado por delito monetario ligado ó contrabando nos anos 80.

"É verdade que no concurso non se pedían antecedentes penais, iso sería ilegal", ironizou o socialista, quen opinou que o titular de Industria "debe ser o primeiro" en explicar esta concesión co fin de "disipar dúbidas" sobre o seu criterio, que "xogou un papel importantes nas adxudicacións". "Ten que explicar por que empresas con dúbidas sobre o seu compromiso investidor ou industrial obteñen megawatts e por que as principais industrias non levan nada", incidiu Méndez Romeu, quen recorreu á mordacidade para concluír que "se aparecen amizades perigosas" tamén terán que dar explicacións "outros" membros do PP.

Dado o "sorprendente" desta situación, reclamou a comparecencia do conselleiro na Cámara para que explique "a estraña distribución" de megawatts e os motivos polos cales "se botou abaixo" o concurso do bipartito, tendo en conta que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a súa legalidade. "Exclusivamente por prexuízos ideolóxicos", sentenciou o ex conselleiro..

COCHES ELÉCTRICOS

Baltar "decidirá" onde se localiza a fábrica de Xero

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, mostrouse "seguro" de que a Deputación de Ourense atopará "a localización máis positiva" para que se instale a empresa británica Xero e subliñou que o que o seu departamento "quere" que o proxecto industrial (unha fábrica de coches eléctricos que crearía uns 1.000 postos de traballo) "veña para Ourense".

"Por iso pechamos a posibilidade de que houbese discusión noutros países, cousa que estaba pasando", explicou o conselleiro en roda de prensa, a preguntas sobre unha información publicada onte sobre o soar no cal o organismo provincial pretende que se asente a planta, pertencente a 200 propietarios que descoñecen calquera noticia sobre unha eventual expropiación.

Xero tiña "varias propostas", indicou Guerra, quen se referiu a unha, en concreto, para comezar a producir na cidade holandesa de Róterd,m. Citou esta posibilidade para xustificar o anuncio do seu departamento, a semana pasada, da sinatura dunha carta de intencións coas condicións de apoio da Xunta, "coas que a empresa pode vir a Galicia". Se a consellería se demorase neste labor, a provincia ourensá podería perder "un investimento especialmente relevante", argumentou.

O obxectivo da Consellería, incidiu o titular do departamento, foi evitar que a firma inglesa "busque outros novos lugares para ese investimento" e destacou que "é normal" que, "cando unha empresa fai acordos de intencións, se definan os marcos de apoio, para que saiba de canto vai dispor".

Con todo, Guerra apuntou que "a localización vén da man dun organismo da Deputación de Ourense, que é con quen a empresa está falando". "Naquel momento, o presidente da Deputación (José Luis Baltar) falou de Melón", sinalou, en alusión ó concello no cal está o citado soar. "Pero estou seguro de que atopará a localización máis positiva", remachou.

A CERNA

“Papeis que leva o vento”

Outro dos aspectos que os socialistas desexan coñecer en relación co “culebrón” do concurso eólico é a situación do plan industrial asociado, que supoñía 11.400 empregos e un investimento de 6.000 millóns de euros. “É aire, papeis que leva o vento”, concluíu o ex conselleiro Méndez Romeu, quen revelou que actualmente só están “comprometidos” 350 postos de traballo e un investimento de apenas 550 millóns de euros.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS