Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Guillerme Vázquez ve ao Goberno "grogui"

Critica a súa política por "inxusta, inmoral, inútil e evidentemente suicida" // O voceiro nacional do BNG destaca a "oportunidade de manifestar a desconformidade" nas mobilizacións dos sindicatos

OURENSE. EP  | 19.07.2012 
A- A+

O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advirte de que o Goberno central presidido por Mariano Rajoy na penas seis meses está "grogui" e asegurou que se comporta como un "auténtico parrulo mareado", aplicando unha política que cualifica de "inxusta, inmoral, inútil e evidentemente suicida".

En declaracións aos medios, o dirixente nacionalista censurou que Rajoy, ao seu xuízo, incide en "políticas que en lugar de resolver as cousas, as empeora cada día máis e máis". "Seguir pola vía de rescatar á banca saqueando ao pobo" é, dixo, unha vía que "conduce" ao "desastre total".

'Durante a repartición de material informativo correspondente á campaña 'Día da Patria Galega 2012', Vázquez estivo acompañado polo tenente de alcalde do Concello de Ourense, Isabel Pérez; a deputada autonómica do BNG, Tereixa Paz e outros cargos orgánicos e institucionais do partido nacionalista.

Ao respecto da conxuntura económica, aseverou que "todas as alarmas están acendidas" e "as luces vermellas disparadas", ao estar nunha "situación máis que preocupante".

Ante este panorama, recordou que o BNG "insiste" en que é "necesaria" a "rebelión cívica": "Toda a sociedade debe facer fronte a estas políticas, que nos van a retrotraer decenios e decenios", mantén. Así mesmo, reprochou que "afondan na inxustiza social e solo serven para engordar, cada día máis, aos que máis teñen".

"A quen hai que meter en cintura é aos especuladores e non ao pobo traballador, e iso debe entendelo dunha vez por todas o Goberno do PP", recalcou o dirixente nacionalista.

Guillerme Vázquez avogou "en primeiro lugar pola rebelión e en segundo lugar por un cambio de rumbo", porque "cada día é máis evidente que ou se cambia o rumbo ou estase absolutamente perdido".

Neste sentido, incidiu en que o cambio de rumbo "significa tamén dicir que esta Unión Europea non serve". "E esta Unión Europea entérranos", resaltou, antes de advertir que "non se pode seguir pola vía de que un Goberno, un Estado, sexa pilotado por un mando a distancia que manexa neste momento Angela Merkel en Alemaña". "Se hai que dicir que con este euro non, haberá que dicilo", apostilou.

Para o voceiro nacional do BNG, cambio de rumbo significa "recuperar a democracia e cambiar radicalmente a política económica, social e fiscal", para así "camiñar noutra dirección". "Ese cambio de rumbo propono o BNG dende hai moito tempo e cada día faise máis evidente a súa necesidade", abundou.

MANIFESTACIÓNS

O voceiro nacional do BNG manifestou que este xoves existe unha "oportunidade de manifestar a desconformidade" nas distintas marchas convocadas polos sindicatos en todas as cidades de Galicia.

Para Vázquez, será un momento de "expresar esa desconformidade", ao igual que o próximo 25 de xullo, "Día da Patria Galega" ao que invita a asistir en Santiago de Compostela ás 12.00 horas.

En canto á celebración da mobilización desta tarde, manifestou estar "seguro" de que "asistirán miles e miles de persoas" e avogou por "transformar o cabreo que atravesa moitas capas sociais na decisión de actuar e non se render", xa que "si hai alternativa e é posible camiñar por vías diferentes e apostar por vías alternativas como as que defende o BNG".

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS