Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27

A guitarrista ferrolá, Alba López Sánchez, compartirá o escenario do Auditorio Nacional de Dublín en Irlanda con máis de trinta guitarristas, a maioría deles irlandeses, no concerto presentación do primeiro albume do ensemble Diversus Guitar Ensemble, que se celebrará o día 15 de abril.
A concertista, formada entre Galiza, Holanda e Alemaña tamén integraba o ensemble que gravou o disco en Suíza no ano 2010. A formación, dirixida polo guitarrista e compositor irlandés Brendan Walsh, destaca pola reunión de excelentes músicos e intérpretes profesionais. O primeiro traballo discográfico conta co Concerto para violín e orquestra de guitarras, composto polo mesmo director; obras de David Stalling, John Greaney e Abigail Smith asi coma dúas versións de Bachelorette de Björk e A day in the Life de Beatles.
No concerto do vindeiro domingo 15 de Abril, titulado Haydn would have loved Shostakovic (A Haydn houbéselle encantado Shostakovic) interpretarán parte do repertorio dese primeiro cd así coma unha versión de Manic Depression de Jimi Hendrix.
