Todo apunta a que tras o 38 congreso federal dos socialistas haberá remuda na importante área de comunicación, cun novo dircom no PSOE. Aseguran en distintos confidenciais que se o vencedor é Pérez Rubalcaba será o galego Rodolfo Irago quen se faga co control dese estratéxico departamento. O ex director de Informativos da Cadena SER, que deu o salto a Madrid dende a xefatura de Informativos de Radio Galicia, leva xa meses asesorando ao incombustible don Alfredo e traballando co seu equipo de colaboradores de absoluta confianza.