Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 21.20
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmou este martes que é "posible" manter o prazo de finais de 2017 para concluír a conexión de Galicia coa meseta por AVE, e cualificou como "boa noticia" as novas licitacións e adxudicacións nese tramo.
En declaracións aos medios antes de participar nunha reunión de traballo co presidente do Porto de Vigo, Agustín Hernández recoñeceu que as novas licitacións "son o reflexo do cumprimento da ministra", e afirmou que non ten "ningunha dúbida" de que, con Ana Pastor, "Galicia terá AVE no tempo máis breve posible tecnicamente".
O conselleiro, que apuntou que "cos datos" que ten a día de hoxe o seu departamento "é posible" manter a data de finais de 2017 como prazo de chegada do AVE, avogou por "esperar" a coñecer con máis detalle a situación real das obras.
"Esperamos que se poidan despexar todas as dúbidas e se continúe a licitación doutros tramos", manifestou Hernández, quen recordou que Galicia "non pide unha infraestrutura innecesaria, nin un plus" con respecto ao resto do Estado", senón unha conexión que xa é realidade noutras rexións dende hai anos. "Cremos que hai unha total vontade do Ministerio para impulsar o AVE", insistiu.
