Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.10.2014  | Actualizado 13.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

CARTAS BOCA ARRIBA

A historia da escura prima de risco

DIANA VARELA PUÑAL  | 29.11.2011 
A- A+

Non teño nin idea quen sería a curmán de Risco nin se era loira ou morena, puis lonxe da miña intención divagar sobre a parentela de D.Vicente. O certo é que estiven estes días ás envoltas con Marsé e coa escura historia da curmán Montse, e o título para o artigo veume dado. A prima de risco. Non me digan que non somella un capítulo de ciencia ficción. Se abrir os xornais resulta cada día máis soporífero e inquedante, non queda outra que quitarlle un chisco de ferro e poñerlle un pouco de imaxinación, verán que o adugo se converte, no mellor dos casos, en pura literatura xornalística. Todos os elementos da historia, personaxes e espazos están ó alcance de calquera, grazas, outro prodixio máis da evolución da especie, á consabida globalización. A novela podería comezar así:

Aquel foi un verán especialmente estraño no Olimpo.Unha calma chicha invadía os despachos de Yanki Zeus e Frau Palas Atenea, pois o enoxo de Mercados por facérense públicas as trécolas e prebendas dos mandamáis, pairaba sobre as súas divinas cabezas. Todos intuían a confabulación para que Crise, unha das sicarias predilectas de Mercados, fixera das súas irando inxenuos, recaudando impostos.

Para acougar ás bestas, os dous deuses principais, resabiados en toda clase de artimañas botaron ós tabeiróns unha pouca carne fresca con denominación de orixe, primeiro grega, logo italiana…, e Prima de Risco, a máis cruel das deusas infernais, ría a gargalladas mentras os tres almorzaban nun restaurante de luxo do Olimpo, brindando con champán francés ó son das copas de cristal Bohemia, erguidas por Yankie Zeus e Frau Palas, ó tempo que daban ordes de esquilmar, vagariño, ós aterrorizados mortais ....

Non hai mal que por ben non veña, grazas a Crise, Europa ten máis conciencia ca nunca do que é Europa, un ente abstracto que en vista do acontecido, máis vale que fique adurmiñado. Mentras dorme todo vai ben, cando esperta, un non sabe exactamente por onde irán os tiros. Se por peteneras, como aquela Sociedade de Nacións ou pola escura Prima de Risco. O único certo é que durante os anos que ninguén soubo exactamente nin onde estaba, nin quen era Europa, todo foi ben. Vai ser que amáis da caixa de Pandora, vai haber unha caixa de Europa, ou un banco, para ser precisos. Vaia se o hai! E o trabalinguas xa está montado.

Mentras tanto, estes días amencemos cos centros sanitarios a punto de ebulición, pois disque as primeiras tarxetas sanitarias xa foron dadas de baixa. Na radio escoitáronse as testemuñas de varios dos abaixados, todos eles furibundos de indignación. O que seguen sen cadrar son as contas. Por que as eleccións gañáronse por maioría absoluta, non? E cando máis o necesitamos, o noso querido Bloque? Nacionalista Galego, anda máis bloqueado cá nunca. En ves dun bloque é un cubo rubik! Que retruécano de partido! Para o final da nosa pequena e teimuda novela admítense suxerencias.

Diana Varela Puñal

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS