Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

reclamación

O Hospital da Barbanza non ten celador ningún

06.04.2011  O persoal do centro, con PSdeG e BNG, presenta dúas mil sinaturas para esixir o servizo "no canto de gastar en publicidade"

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS . SANTIAGO

Sede do Sergas, en Santiago, a onde non deixaron acceder aos medios FOTO: AGN
Sede do Sergas, en Santiago, a onde non deixaron acceder aos medios
FOTO: AGN

Representantes do persoal do Hospital da Barbanza (situado no concello coruñés de Ribeira), acompañados polo deputado socialista José Manuel Lage Tuñas, e a voceira de Sanidade do BNG, Ana Luisa Bouza, presentaron onte 2.000 sinaturas na sede do Servizo Galego de Saúde (Sergas), para reclamar que se dote o centro sanitario dun servizo de celadores. Segundo denunciou Lage, o do Barbanza é "un dos dous hospitais públicos" en Galicia que carecen desta categoría de persoal, xunto co de Cee (A Coruña). Así mesmo, acusou á Xunta de "gastar un millón de euros" nunha campaña publicitaria e "non atopar fondos para dotar de persoal" ao centro.

Pola súa banda, Bouza instou o Sergas para crear a categoría de celador e "mellorar o servizo á cidadanía", algo que o seu grupo vén reclamando en repetidas ocasións.

A presidenta do Comité de Empresa do hospital e membro da Plataforma en defensa da sanidade pública da Barbanza (creada o pasado 31 de marzo), María Rodríguez Blanco, engadiu que o centro nunca dispuxo de celadores e que conta cun "menor ratio de persoal" que outros hospitais debido ao seu pasado como fundación pública. Para Rodríguez, a falta de celadores "obriga os auxiliares de enfermaría" a asumir as tarefas destes, como o traslado de pacientes ou a vixilancia dos enfermos. Segundo explicou, isto "sobrecarga" o persoal de enfermaría e "interrompe" o seu desempeño nas tarefas que lles son propias. A representante dos traballadores considerou que non hai celadores por motivos económicos, e protestou porque "non haxa diñeiro para persoal e si para publicidade".

Privatización do servizo de diálise do hospital

A presidenta do Comité de Empresa do centro ribeirense denunciou que o Sergas determinou "privatizar" o servizo de diálise do hospital en beneficio da Fundación Renal Iñigo Alvarez de Toledo (Friat).

Rodríguez afirmou que esta fundación, que se encarga do servizo de diálise nos hospitais de Verín e O Barco de Valdeorras (ambos na provincia de Ourense), "non ten que cumprir os requisitos de persoal" que marca o Sergas. Así, sinalou que non mantén un nefrólogo permanentemente mentres se realiza a diálise, senón que este só visita os pacientes "cada quince días". Na súa opinión, o Sergas debería "contratar máis persoal propio" e ampliar a diálise no Barbanza de tres a seis días á semana, preservando o carácter público do servizo. Na actualidade, 13 ou 14 pacientes residentes na bisbarra han de desprazarse a Santiago para ser atendidos, algo que, en opinión de Rodríguez, se debe a que "o servizo está infrautilizado". A representante considera, así mesmo, que o Goberno autonómico "ignorará a reclamación" ata deixar pasar as eleccións.

A DENUNCIA

A Policía impídelles aos medios acceder ao edificio do Sergas

Varios efectivos da Unidade Adscrita da Policía Nacional en Galicia impediron aos medios acceder ao edificio do Sergas para presenciar a entrega de sinaturas, "por orde da Secretaría Xeral de Sanidade". O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas considerou ante Europa Press que esta decisión supón un "intento de amordazar" os medios e un "despropósito".

Posteriormente, o voceiro socialista rexistrou "varias iniciativas" parlamentarias para "aclarar quen tomou a decisión e pedir responsabilidades políticas", segundo figura nunha nota de prensa do PSdeG.

Pola súa banda, a parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego Ana Luisa Bouza afirmou que o seu grupo pediralle á titular de Sanidade que "se desculpe" por esta decisión, e denunciou o despregamento policial ante unha delegación "totalmente pacífica".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS