Hemeroteca web
|
RSS
Luns 20.05.2013
| Actualizado 00.16
Iberia cancelará dez voos con Galicia este luns pola folga de pilotos
SANTIAGO. EP | 16.04.2012
Iberia cancelará dez voos con destino ou orixe en Galicia este luns pola folga convocada polo sindicato de pilotos Sepla todos os luns e venres ata o 20 de xullo, de acordo co listado facilitado pola aerolínea.
En todo o Estado, se verán cancelados 129 voos este luns nunha nova xornada de paros. En Galicia, en concreto, non sairán de A Coruña as conexións con Madrid das 10.55, as 13.35 e as 20.35 horas, nin aterrarán os avións procedentes da capital española que saen ás 9.00, 11.40 e 18.30 horas.
Tamén se cancelarán os voos das 18.30 horas dende Madrid a Santiago e o traxecto inverso das 20.25 horas. Non sairá o avión que estaba previsto para as 17.40 horas dende Vigo a Madrid nin o das 15.50 entre a capital e Vigo.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.