Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 18.09.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Nos idiomas comúns da poesía

DAVID OTERO  | 20.03.2012 
A- A+

A poesía é unha mostra creativa de diversidade e de diferencias. Defínete e faite libre. Determínate a singular plural. Tamén te pon constructor@ de moito. Compañeir@. Ponte na crítica positiva das palabras que ti usas para te expresar. E interpretas de forma bonita, pero firme, a(s) realidade(s). E así se queres, en poemas, poderás poñer en limpo o que pensas e o que entendes para comunicalo. E faralo libremente. Poderás escribilo e (ou) debuxalo. Tamén facelo música, xesto, baile e forma de andar ou de mirar, ou vai ti saber como se che dá por facelo. E sempre no idioma que é teu e así faralo notar ben para que se disfrute del nunha gramática rigorosa, pero singular, poética, limpa e de campar, humilde de tanto orgullo, sexa en feminino ou en masculino, e tamén en plural. Xa que logo na poesía e no poema podes mandar sinais de vida, a vida mesma, aos mundos que soñas e soñamos, aos que temos diante,aos que gozamos e aos que tamén estamos a padecer.Pois de que falar nos poemas se non é do que nos ocupa e preocupa, do que nos move e conmove, Nos teus poemas circularán libremente as túas palabras, as mellores e máis honestas e as túas ideas, e as nosas tamén. Non olvidar que se trata de comunicar. De compartir. E así diso xorde a toda fresca a beleza para poner de mellor campar a nosa casa ( e o mundo).Coa poesía ponse moita cousa nas nosas mans para traballar con ela. Velaí o 21 de marzo DÍA DA POESÍA, día para pensar se é posible que as nosas forzas creadoras son certas de verdade e podémolas sentir a tope , as dunhas e as duns con todas e con todos.Esta idea DO DÍA DA POESÍA naceu o día 21 de marzo en París para tela en conta en todos os pobos do mundo e así no noso pobo faremos hoxe un parar para celebralo con acariño de certo e confiado.Hoxe soarán todos os idiomas do mundo, todas as linguas do universo, en poesía. CHEAS DE POEMAS. E nós estamos niso e con iso…a que si? Nunca olvidemos que a poesía ten mil formas de entendela, pero nace sempre do máis intenso, do máis íntimo, da cultura dos nosos pobos. Botemos unha man para sentir a importancia de beleza, a forza inmedible, da poesía. E desde ela tamén podemos gustar da lectura. Tamén do ben que nos senta botar un poema ao mundo. Que efecto dinámico e dinamizador.Sempre haberá unha color que descubrir. Un atopar palabras feitas poema. Unha chave coa que abrir as sorpresas. Un poema que nos di sempre quen somos…quen podemos chegar a ser. E por iso…nunca digas non a un poema. No te canses nunca de vivir. Tamén coa POESÍA.

David Otero. Mestre-escritor


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS