Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

entre o 14 e o 19 de outubro

A Illa de San Simón acollerá un novo encontro poético con sete autores internacionais

PONTEVEDRA. EP  | 30.09.2013 
A- A+

A Illa de San Simón acollerá, entre o 14 e o 19 de outubro, un novo encontro poético que contará coa participación de sete autores internacionais.

Así o sinalou este luns a poetisa Yolanda Castaño, que presentou en Pontevedra o libro resultante do primeiro encontro 'Con barqueira e remador'. Na edición deste ano, explicou, está previsto que participen os escritores Gökçenur, Kätlin Kaldmaa, Anna T. Szabó, Samira Negrouche, Lawrence Schimel, Xan Bello, e o galego Isaac Xubín.

A obra presentada este luns é a recopilatorio resultante do Taller Internacional de Tradución Poética celebrado durante sete días na Illa de San Simón o pasado ano, no que poetas de seis linguas e culturas diferentes --Marko Pogaar, Merja Virolainen, Txema Martínez, Brane Mozeti, Margrét Lóa Jonsdóttir e Sergej Timofevej-- reuníronse para achegarse ao coñecemento mutuo das súas culturas, idiomas e realidades e crear así este poemario onde linguas con grande número de falantes como o ruso danse a man con outras de ámbito máis reducido como o islandés, o catalán, o finlandés, o esloveno ou o propio galego.

A deputada provincial de Pontevedra Ana Isabel Vázquez sinalou que esta antoloxía recolle o traballo de poetas que cren na súa lingua e na súa cultura e a defenden, e que o fan "dende unha visión global e universalizadora; conscientes de que unha cultura pechada e ensimesmada é unha cultura morta, mentres que cando se abre ao mundo renace, cobra forza e vitalidade". Ao mesmo tempo, destacou que se trata unha aposta pola cultura galega e pola lingua propia.

Yolanda Castaño cualificou esta obra como unha "xoia de defensa e apoio da lingua", un proxecto no que "seguir traballando" na edición deste ano do encontro.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS