Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 25.05.2013
| Actualizado 11.02
Non fai falla relatar esta realidade sobre diversos aspectos e connotacións de opresión que se exercen en todo o mundo, Só verificando a situación do Estado español percibimos a catástrofe que se aveciña, xerada por unha clase política instigadora da sociedade civil a golpe de decreto e de normativas depredadoras que cada día se publican no BOE. Sendo a clase asalariada a mais prexudicada das clases sociais. Agora é a clase media a que figura na orde do día das desfeitas que os políticos van a rematar con súas raquíticas prebendas para transcendelas a un ambiente de miseria proletaria.
Coido que a dereita nunca minte no que finxe. E a do PP menos, cando exerce e vulnera toda unha totalidade de principios e normas éticas que impón sistematicamente e remítenos ao fascismo franquista. Nesta dirección, Mariano Rajoy e a súa caverna non minten, so trocan de metáfora. Os do desgoberno actual, con Rajoy á fronte, non improvisan executan o que xa estaba previsto e decidido polo imperialismo mais agresivo e sen rostro dos banqueiros, das mafias económicas e dos poderes fácticos ao fronte da dirixencia do mundo, tendo ás clases políticas como intermediarias dese poder opresivo: verdadeiras marionetas que obedecen seus dictados pero con intereses de lucro.
Así é que as democracias occidentais están mais próximas a unha dictadura encuberta que a manifestacións democráticas como se debe entender desde unha ética de participación de base. O que está acontecendo neste estado de cousas, estamos vendo unha democracia secuestrada, onde o cidadán vota cada catro anos e embarga a súa vontade de decidir, de tal xeito que fica fora de xogo por renderse a unhas leis emanadas de poderes corruptos e de políticos que só procuran fomentar discordia e ter dominio sobre a plebe. A democracia no lixo. A xustificación do voto como elemento de extorsión. A mentira predominando sobre as verdades mais simples dunha sociedade desposuída da súa propia vontade.
Neste caso, a sociedade é a primeira culpábel de tolerar a políticos corruptos e de non dar pasos cara unha confrontación dialéctica e crear seus propios poderes e alegatos, construíndo unha dinámica que contrarreste esas políticas que a sociedade do Estado español está soportando con dureza e crueldade, encuberta por mentiras ben ornamentadas de crueldade nun vocabulario grotesco e implacábel que somete á sociedade a unha ignorancia insoportábel. Por iso que a sociedade é moitas das veces culpábel por permitir estas circunstancias que agora lamenta.
Sobre este tema, falaba hai poucos días en Cuntis cun emigrante en Rosario, Lucho Picallo, e sinalaba ironicamente un dito que revela aos políticos corruptos e á sociedade que os tolera: “La culpa no es del cerdo, sino de quien le dá de comer”. O porco político engórdao quen o tolera e obedece seus dictados. En todo sistema opresor tense que impor a cidadanía cunha arma poderosamente liberadora: a desobediencia civil, como forma dinámica de participación política. Esta doutrina non é nova e xa ficou exposta por Henry David Thoreau en 1849, expresada por León Tolstoy, practicada por Gandhi e Martin Luther King e, ultimamente ben explicada por Xosé Manuel Beiras.
