Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Impulsan na área sanitaria da Coruña o envío de cartas a pacientes ingresados ou illados

A CORUÑA. EP  | 02.04.2020 
A- A+

A Fundación María José Jove e a área sanitaria da Coruña aliáronse para sumarse á iniciativa 'Cartas con alma' mediante a cal se fan chegar cartas e mensaxes de ánimo "ás persoas que están ingresadas, separadas das súas familias e completamente illadas nos centros hospitalarios a consecuencia do coronavirus", segundo informa a institución coruñesa.

En concreto, a Fundación María José Jove encargarase de coordinar a recepción das cartas e o hospital distribuiraas entre os pacientes ingresados nesta área sanitaria.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deben enviar as súas mensaxes de ánimo, cartas, historias ou debuxos ao correo electrónico cartasconalma@fundacionmariajosejove.org, explica a institución nun comunicado.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS