Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Rubalcaba dixo que non quere duplicidades

A incompatibilidade entre Executiva e Portavocía no Congreso pode afectar a até once dirixentes

07.02.2012  Carmela Silva, secretaria de Emigración do PSOE, ocupa un dos postos do PSOE na Mesa do Congreso

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MADRID. EP

A idea do secretario xeral do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, de non permitir duplicidades entre a Executiva Federal e o Parlamento pode acabar afectando a once dirixentes do partido que agora son tamén portavoces do Grupo Socialista.

Tras a primeira reunión da Executiva Federal do PSOE resultante do congreso socialista, Alfredo Pérez Rubalcaba comentou que non quere que se acumulen cargos nin que haxa duplicidades entre secretario de área e portavoz porque desexa "dar xogo" aos seus parlamentarios. No entanto, aínda non está claro se esa incompatibilidade afectará tamén a quen son secretarios "executivos" ou soamente aos de "área", que teñen responsabilidades máis amplas.

Segundo aseguran a Europa Press en fontes parlamentarias socialistas, a interpretación literal desas palabras requirirá unha profunda renovación de portavocías no Congreso, que non se acometerá de inmediato senón que se espera para a próxima semana.

Esa acumulación de cargos comeza coa nova vicesecretaria xeral do PSOE, Elena Valenciano, que é á vez portavoz de Exteriores no Congreso, e co responsable de Organización, Óscar López, até agora portavoz na Comisión Mixta (Congreso-Senado) de control de RTVE.

Ademais, Inmaculada Rodríguez Piñero, secretaria de Economía e Emprego do PSOE, é portavoz de Facenda no Grupo Socialista; Antonio Hernando, de Relacións Institucionais e de Política Autonómica, é portavoz de Interior; María González, secretaria de Participación e Redes, é portavoz de I+D+i no Congreso, e o secretario de Cidades, Gaspar Zarrías, é portavoz de Cooperación.

Así mesmo, o secretario de Ideas e Programa, Jesús Caldera, é portavoz de Traballo no Congreso ademais de presidente da Fundación do partido, e a secretaria de Política Social, a exministra Trinidad Jiménez, foi recolocada en xaneiro como portavoz de Defensa

Está por ver que ocorrerá co tres secretarios executivos: Rafael Simancas, responsable de Formación no partido e portavoz de Fomento no Congreso; Juan Moscoso, secretario de Unión Europea e portavoz na Comisión Mixta da UE; e Marisol Pérez, secretaria de Cooperación e Inmigración e tamén portavoz no Congreso de Servizos Sociais.  

Por último, está o caso de Carmela Silva, tamén secretaria Executiva e á que se acaba de nomear secretaria de Emigración do PSOE, despois de promovela en decembro a un dos postos do PSOE na Mesa do Congreso.

Os CAMBIOS, EN PRÓXIMAS SEMANAS

De momento, a Executiva Federal só aprobou os nomes das primeiros espadas en cada Cámara: Soraya Rodríguez e Eduardo Madina como portavoz e secretario xeral no Congreso, e Marcelino Igrexas e José Miguel Camacho no Senado.

Nos próximos días haberá que revisar a composición dos comités de dirección do Grupo Socialista en cada Cámara (os secretarios xerais adxuntos) e decidir até onde chega o novo principio de incompatibilidades no conxunto dos portavoces sectoriais no Parlamento.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS