Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 19.12.2014  | Actualizado 12.54

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

LUCERNA DA PORTELA

Incongruente xurafaz

XOSÉ MANUEL LOBATO MARTÍNEZ  | 05.09.2011 
A- A+

Esta é unha das incribles historias do país de Don Tancredo, un territorio inmerso na fina liña que distancia o real da ficción. Nesa idílica situación, entre a imaxinación e realidade, moraba un home diminuto, sempre estaba enzoufado na trepa sen desmaio, o seu disfrace fronte aos contemporáneos unha armadura defensiva sen condicionantes do seu ego.


Contraste circense das súas características máis marcadas e acentuadas, un débil físico fronte a un órgano moi desenvolvido e activo, este último era o seu gran aval por especial e atípico. Lingua relevante de papilas gustativas ávidas no degorar constante por acadar estímulos descoñecidos para a ampla caterva de catadores, que exercían de submisos seguidores.


Fastoso órgano, destacado noutras facetas, inxente popularidade pola súa innata habilidade no bico engaiolante. Acadaba o cume e clímax da súa realización no proceso sonoro, sons de natureza nativa en propiedade lograban unha gran dimensión ante a posibilidade dunha diversidade coa combinación doutros foráneos e colonizadores.


Os atributos da locuaz palleta, así como outras vicisitudes, fixeron que aquel diminuto ser, acadase certo populismo, que o catapultou ao poder absoluto sobre os tancredistas. Mais, instaurado no goberno, decidiu non abandonar tan privilexiado lugar, desde a ara do poder, estaba seguro de compracer a todos, aos incondicionais seguidores e mesmo harmonizar con aqueles máis críticos coas súas actuacións.


Unha gran decisión marcou o seu futuro, un agasallo- ofrenda de sacrificio, garante de universalidade, pois a ofrenda era a súa mellor fieira en forma de tarabela verbal.


Doloroso corte de fino cirurxián, intervención directa sobre unha lingua que despois de dividida pasou a ser o todo propiedade da parte. É dicir, o xurafaz da bífida. Dúas partes da mesma orixe, con actuacións en harmonía, aínda que con autonomía cada parte para contrapoñerse a outra.


O emperador da bífida, mergullado no seu acercamento aos deuses, vixiaba polo territorio convencido de que as súas decisións eran irrefutables e apoiadas no gran consenso que lle outorgaba ser parte de sacralizado órgano.


Na súa zona dereita exercitaba a compracencia e achegamento ao acme do consello foráneo, consello de partidistas incondicionais e consello colonato. Mentres que a parte esquerda tiña o único rol de indemnizar con liquidación ao consello de sabios. Porén, quedaba toda a poboación excluída deste foro da elite.


Para captar o favor e admiración de tanto vulgo, imposible por medio do bico feiticeiro, que sempre recibían os membros dos consellos, optou pola consulta universal; dereita, esquerda ou compartir bico da parte dereita e tamén da esquerda, prospección ilusoria para necios de Don Tancredo, reflectir hoxe e refractar mañá.


Máxima actividade dun órgano aniquilado como único, para actuar dividido, apostando por dúas liñas parellas e harmónicas, mais contraditorias, pois tanto os dunha banda coma da outra tentaban chuchar do feitizo indutivo dos idealizados bicos.


Traumático o desenlace - nodo da bífida, unha parte amputada polo seu descomunal desenvolvemento, mentres que a outra desapareceu por unha atrofia inducida.


Desgraciada historia, á sazón, o incoherente xurafaz, mutilación da bífida, órgano do que formaba parte, sen o emblemático don, foi inmediatamente expulsado da súa privilexiada situación en Don Tancredo. Un triste final para o conto dun país con baixa autoestima e escasa autodeterminación.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS