Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 24.05.2019 Actualizado 20:30
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Inditex paga case un 1% máis ás mulleres que aos homes

A CORUÑA. EP  | 14.03.2019 
A- A+

Inditex paga case un 1% máis ás mulleres que aos homes, segundo sinalou este mércores o presidente da firma, Pablo Isla, quen sinalou que a brecha salarial na compañía (+0,8%) é "a favor das mulleres".

Inditex conta na actualidade cun cadro de 174.000 empregados no mundo, dos cales o 75% son mulleres, e con 7.490 puntos de venda repartidos en 96 mercados.

O presidente do grupo galego destacou que os traballadores son o "principal activo" da compañía, que, en liña cos plans de participación dos empregados no crecemento dos beneficios, repartirá 32 millóns de euros entre os aproximadamente 92.000 empregados que teñen máis de dous anos de antigüidade, dentro do segundo ciclo do Plan 2017-2018, que reparte un 10% do incremento do beneficio.

En concreto, sete millóns de euros corresponden ao crecemento do beneficio no presente exercicio e 25 millóns corresponden a unha achega adicional decidido pola empresa para completar o Plan, por encima dos 21 millóns achegados o ano anterior.

En total distribuíronse 153 millóns de euros entre os anos de vixencia do Plan de Participación. A partir de 2019 entrará en vigor un novo Plan con obxectivos específicos que, no caso dos equipos de tenda, estará ligado ao incremento de vendas.

A compañía destacou que o Plan, "moi ben acollido" polo cadro, segundo Isla, supón un incentivo máis a engadir ás retribucións variables existentes, que globalmente suman 619 millóns de euros que a compañía reparte entre os empregados que integran o cadro. En total, a compañía distribúe 4.136 millóns de euros en concepto de remuneración salarial.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS