Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Intervidos en Ferrol case 100 quilos de marisco e o vehículo no que o transportaban

FOTO: POLICÍA LOCAL DE FERROL
FOTO: POLICÍA LOCAL DE FERROL

FERROL. EP  | 04.11.2019 
A- A+

A Policía Local de Ferrol interveu case 100 quilos de marisco e o vehículo no que transportaban o produto, informaron fontes deste corpo municipal. Axentes que levaban a cabo labor de prevención na seguridade cidadá observaron a pasada semana a tres homes na parte traseira dun coche que, ao velos, "pecharon o maleteiro de forma apresurada", relatou a Policía Local.

Por iso, após comprobar a documentación que levaban consigo e revisar o interior do vehículo, os axentes atoparon seis capachos con 24 quilos de ameixa xapónica, 45 de berberecho e 30 de ameixa babosa, todo iso comisado pola Policía Local.

Tanto o coche como o marisco que contiña foron trasladados ao depósito de Sánchez Aguilera, concretaron as mesmas fontes policiais, que quedou a disposición da Consellería do Mar.

Así mesmo, procedeuse á incautación das chaves do vehículo, unha báscula de man dixital e de 854 euros, que quedaron a disposición da Xefatura da Policía Local de Ferrol. Mentres, o marisco intervido foi sementado de novo na Ría de Ferrol.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS