Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

DESPOIS DE 20 ANOS DE INVESTIGACIÓN

Investigadores do Instituto Español de Oceanografía logran reproducir polbos en catividade

A empresa pesqueira galega Nova Pescanova ten unha opción preferente de licenza da patente

Un dos polbos - FOTO: Instituto Español de Oceanografía
Un dos polbos - FOTO: Instituto Español de Oceanografía

SANTIAGO. EP  | 09.11.2018 
A- A+

Un grupo de investigadores dos centros de Vigo e Tenerife do Instituto Español de Oceanografía (IEO) conseguiu reproducir polbos en catividade despois de 20 anos de investigación. O logro foi conseguir mellorar a supervivencia e crecemento das larvas.

O avance é un "fito científico internacional" para o instituto, segundo un comunicado do Ministerio de Ciencia, no cal se explica que foi posible grazas ao uso de novas técnicas de cultivo e alimentación que consisten no crecemento de larvas cunha metodoloxía "máis rendible e replicable".

No referido comunicado indícase que o polbo común é un produto "de gran interese comercial e moi demandado", tanto en España como a nivel internacional, por exemplo en países como Estados Unidos. Os investigadores sinalan que o seu curto ciclo de vida e o seu potencial de crecemento convérteno nunha especie "idónea" para o cultivo e desenvolvemento en catividade. Ademais, o seu elevado prezo fai que sexa "un excelente candidato" para a diversificación da acuicultura.

ETAPAS
O polbo pasa por catro etapas durante o seu desenvolvemento: ovos, paralarvas, xuvenís e adultos. Os ensaios realizados polos investigadores do instituto melloran os resultados no cultivo larvario. Conseguiron obter xuvenís que permiten iniciar a fase de engorde até chegar a adultos.

O Instituto Español Oceanográfico e Nova Pescanova asinaron un acordo comercial que lle dá á empresa pesqueira unha opción preferente de licenza da patente do IEO sobre estas investigacións.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS