Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Isaac Xubín e Rafa Vilar reciben os premios de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e Arume

SANTIAGO. EP  | 18.12.2011 
A- A+

Os escritores Isaac Xubín e Rafa Vilar recibiron este domingo, respectivamente, os premios de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón e Arume, polas súas obras 'Con gume folla húmida' e 'Patente de corso'.

Isaac Xubín foi galardoado coa vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón pola súa obra 'Con gume de folla húmida', do cal o xurado recoñece a súa "tensión poética mantida ao longo do poemario, que permite a fluidez dos versos de forma natural, cunha mestura da lingua, do tempo e da terra".

Este domingo celebrouse o acto de entrega do premio no CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro (A Coruña), e contou coa actuación musical de Campo de Estrelas. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, confirmou que apoiará a próxima edición deste recoñecemento no ano 2012.

Pola súa banda, o escritor Rafa Vilar recibiu --na sede da Fundación Neira Vilas, en Vila de Cruces (Pontevedra)-- o Premio Arume de Poesía Escrita para Nenos --dotado con 1.000 euros-- , pola súa obra 'Patente de corso (pequeno dicionario pirata)'.

En opinión do xurado, esta é unha obra protagonizada por "piratas bos e atractivos para o público infantil, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ninguén se magoa". Todo iso, cun ritmo "rápido e de estilo lixeiro" e un léxico "coidado".

Nesta sexta edición do Premio Arume obtiveron dúas mencións de honra as obras 'Verdedades' de Yolanda Castaño e 'Flores de abruñeiros' de Alberto Calvín.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS