Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

HOMENAXE A ALEXANDRE BÓVEDA NO DÍA DA GALIZA MÁRTIR

Jorquera cre que o PPdeG pretende dar un "auténtico pucheirazo electoral" nos comicios

PONTEVEDRA. E.P.  | 18.08.2012 
A- A+

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera,   advertiu este venres de que o Partido Popular pretende "dar un   auténtico pucheirazo electoral nas próximas eleccións galegas" a   través do recorte no número de deputados, dado que "sabe que xa non   ten a maioría" na sociedade".  
   Jorquera fixo estas declaracións durante a súa intervención en   Pontevedra no acto central do BNG con motivo do Día de Galicia   Mártir, onde se homenaxeou a Alexandre Bóveda.  
   No seu discurso, o candidato nacionalista acusou o PP de "degradar   o Parlamento Galego" e de "querer impedir que sexa a expresión da   pluralidade real da sociedade, que sexa a expresión da verdadeira   vontade do pobo galego".  
   Paralelamente, Francisco Jorquera asegurou que as ideas de   Alexandre Bóveda "están plenamente vixentes" e "son as que defende o   BNG, baseadas en tres eixes: soberanía, democracia e traballo". "O   nacionalismo e a defensa das maiorías sociais eran os elementos   vertebradores do pensamento de Bóveda", sentenciou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS