Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 27.04.2017 Actualizado 18:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O Kiosko Alfonso inaugura unha mostra sobre o debuxante Miguelanxo Prado

O público poderá achegarse á obra do debuxante a través de traballos seleccionados polo propio autor, como 'De Profundis' ou a novela gráfica 'Ardalén'

A CORUÑA. EP  | 27.03.2017 
A- A+

O Kiosko Alfonso acolle desde este luns e ata o próximo 1 de maio a mostra 'Miguelanxo Prado. 2003-2016', inaugurada nun acto que contou coa presenza do alcalde, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande.

A exposición inclúe unha selección de traballos realizados nos últimos 14 anos polo debuxante coruñés e director do Salón Internacional 'Viñetas desde o Atlántico', tamén presente no acto de inauguración.

Sobre a mesma, o alcalde sinalou que traer a obra de Miguelanxo Prado ao recinto municipal "é como devolvela a casa" ao ser unha das sedes do Salón do Cómic e onde tivo lugar a primeira mostra sobre a obra do autor.

Por outra banda, na súa intervención, destacou a "pegada coruñesa, galega e atlántica que o autor deixa sempre na súa obra xa sexa a través de imaxes, de lugares do idioma ou de evocaciones fantásticas", sentenciou.

Na mostra, o público poderá achegarse á obra de Miguelanxo Prado a través de traballos seleccionados polo propio autor, como 'De Profundis' ou a novela gráfica 'Ardalén'.

Na exposición, tamén será posible ver algunhas representacións de obras que formaron parte da mostra 'Miguel EN Cervantes'.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS