Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 13:06
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O ladrón do Códice Calixtino queda en liberdade por razóns médicas

Arquivo / Manuel Fernández Castiñeiras coa suá dona durante o xuízo
Arquivo / Manuel Fernández Castiñeiras coa suá dona durante o xuízo

SANTIAGO. EP  | 12.09.2019 
A- A+

Manuel Fernández Castiñeiras, condenado en 2015 polo roubo do Códice Calixtino e de diñeiro da Catedral de Santiago, quedou en liberdade por razóns médicas. Segundo confirmaron fontes penais, a xunta de tratamento do cárcere pontevedrés da Lama, na que se atopa cumprindo a súa condena, deu luz verde a que Fernández Castiñeiras accedese ao terceiro grao por motivos de saúde.

Esta decisión, que precede á súa liberdade condicional, tomouse debido á grave enfermidade "incurable" que padece o condenado e que lle fai apto para que lle sexa aplicado o artigo 104.4 do regulamento, que outorga o terceiro grao por "razóns humanitarias".

En concreto, este artigo establece que se lle facilitará o terceiro grao aos penados "enfermos moi graves con padecimientos incurables, segundo informe médico, con independencia das variables intervinientes no proceso de clasificación", por "razóns humanitarias e de dignidade
persoal, atendendo á dificultade para delinquir ao seu escaso perigo".

En maio deste ano, Castiñeiras, de 70 anos, sufriu un ictus mentres se atopaba en prisión, o que motivou o seu ingreso hospitalario dada a gravidade da situación. Era, ademais, a segunda ocasión na que se vía afectado por esta doenza, que xa lle deixou secuelas antes do roubo do Códice.

José Manuel Fernández Castiñeiras foi condenado en 2015 a dez anos de prisión por furto, roubo continuado e branqueo de capitais pola subtracción do Códice Calixtino e outros efectos da Catedral de Santiago. Posteriormente, o TSXG reduciu esta condena e deixouna en 8 anos e dous meses, que cumpriu no cárcere da Lama.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS