Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Lavacolla perdeu case un 2% de pasaxeiros en agosto

O aeroporto compostelán rexistrou 271.508 visitantes // Peinador crece un 10,3% e Alvedro sobe un 5,5% // A terminal viguesa supera os 112.000 pasaxeiros, fronte a 97.000 na Coruña

SANTIAGO. EP  | 12.09.2017 
A- A+

Lavacolla rexistrou unha baixada do 1,9% no número de viaxeiros transportados o mes de agosto, segundo os datos que fixo públicos Aena este martes. Peinador, o aeroporto de Vigo, recibiu 112.718 pasaxeiros, o que representa un incremento do 10,3% en relación ao mesmo período do ano anterior. En Alvedro (A Coruña), o incremento foi do 5,5%.

O aeroporto de Santiago rexistrou en agosto un total de 271.508 pasaxeiros, un 1,9% menos que no mesmo mes do ano anterior. Do total de pasaxeiros de voos comerciais (271.228), 195.037 realizaron voos nacionais (-1,5%) e 76.191 internacionais (-3,2%).

En canto ao número de operacións, Lavacolla anotouse un total de 2.161 voos en agosto. Desta cantidade, 1.909 corresponden a voos
comerciais, 1.372 operados a destinos nacionais e 537 a internacionais..


Ademais, a terminal de carga manexou durante o pasado mes máis de 220
toneladas de mercadoría, un 25,2% máis que en agosto de 2016.

En total, no que vai de ano, Lavacolla contabiliza un total de 1.781.445
pasaxeiros, un 4,9% máis que o mesmo período do ano anterior.
Ademais, 14.502 aeronaves operaron na pista compostelá e o seu
terminal de carga moveu máis de 1.714 toneladas de mercadorías neste
período, un 19,7% máis que o ano anterior.

PEINADOR

Dos pasaxeiros na cidade olívica, 112.527 correspondéronse con voos comerciais e, destes, á súa vez, 91.855 responden a traxectos
nacionais e 20.672 a internacionais.

En canto ás operacións, en Peinador rexistráronse ao longo do mes de agosto 1.324 voos, un 2,6% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, dos cales 1.036 foron voos comerciais. Destes, 798 movementos foron operacións nacionais e 238 internacionais.

Pola terminal de carga do aeroporto pasaron, durante o pasado mes, 44 toneladas de mercadoría, o que representa un crecemento do 43%.

En total, no que vai de ano, 709.989 pasaxeiros usaron a terminal viguesa, un 10,1% máis que no mesmo período de 2016. Un total de 8.278 aeronaves operaron no aeroporto de Vigo e a terminal de carga moveu máis de 350 toneladas de carga neste período.

ALVEDRO

Pola súa banda, o aeroporto da Coruña rexistrou 97.792 pasaxeiros en agosto, un 5,5% máis. Deles, 96.831 utilizaron voos comerciais, dos que 83.633 foron traxectos nacionais e 13.198 internacionais.

Respecto das operacións, en Alvedro rexistráronse 1.441 voos, dos cales 801 foron voos comerciais. Destes movementos, 651
corresponden a operacións nacionais e 150 a internacionais.

O tráfico de mercadorías moveu na terminal coruñesa máis de 14
toneladas durante o oitavo mes do ano, un 11,2% máis. En total no que vai de ano, 753.305 pasaxeiros usaron a terminal coruñesa para realizar os seus desprazamentos (un 8,2% de crecemento con respecto ao mesmo período de 2016).

Neste período, un total de 10.824 aeronaves operaron no aeroporto coruñés e o seu terminal de carga xestionou máis de 110 toneladas de mercadoría.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS