Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

CABALOS

A lei de montes debe regular o gando mostrenco

22.04.2011  Unións Agrarias insiste na competencia da Xunta para solucionar os problemas cos animais

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Cabalos no monte da Gañidoira FOTO: Kiko Delgado
Cabalos no monte da Gañidoira
FOTO: Kiko Delgado

Unha iniciativa parlamentaria impulsada polo PPdeG instaba o mércores a Xunta para presentar un programa de medidas que blinde os propietarios agrarios fronte ós danos que poden provocar os cabalos soltos, polo que reclama cambios lexislativos para darlles potestade ós concellos a sacrificar os animais. Ante esta demanda na Comisión de Agricultura da Cámara galega, o sindicato Unións Agrarias vén de reiterar a capacidade real e competencial clara da Xunta para solucionar os problemas do gando mostrenco.

Para a central agraria, a solución debe vir da futura Lei de montes de Galicia, "o marco legal axeitado para afrontar este problema que vai en aumento", e detrás do que hai numerosos conflitos con comunidades de montes veciñais que se ven indefensas ante este problema que acaban en lumes intencionados, e de cada vez máis numerosos accidentes de tráfico que poñen en perigo a seguridade de todos os cidadáns.

A organización agraria responde así á iniciativa parlamentaria do Grupo Popular de Galicia na que propoñen que sexan os municipios os que lexislen nesta materia e os que teñan a responsabilidade de sacrificar os cabalos salvaxes que causen danos nas propiedades privadas. Para UUAA, esta é unha forma de agocharse do problema, e pasarlles a pelota ós concellos, "entidades que non teñen capacidade nin medios, e que están cada vez máis superadas polos problemas administrativos de darlles servizos ós cidadáns do rural no día a día".

Segundo a organización sindical, a Xunta ten axentes forestais, veterinarios, Policía Autonómica e capacidade de mobilizar empresas públicas como Seaga ou Trasga para proceder a capturar cabalos salvaxes e outro tipo de gando mostrenco, e retiralo das zonas onde comuneiros e propietarios non teñan autorizada a súa presenza.

O DATO

A mellor defensa contra os lumes
Para UUAA, o gando no monte pode ser unha das mellores formas de facer prevención dos incendios forestais, controlando a cantidade de pasto e mato sen necesidade de proceder a rozalos.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS