Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Leiceaga defende que Gonzalo Caballero entre nun futuro como deputado no Parlamento

"É normal que o secretario xeral do partido estea presente alí onde a política galega se exemplifica, que é o Parlamento", sinala

SANTIAGO. EP  | 16.04.2018 
A- A+

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leieceaga, defendeu que o líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, entre nun futuro como deputado na Cámara galega. "É normal que o secretario xeral do partido estea alí onde a política galega se exemplifica, que é o Parlamento", manifestou.

O portavoz parlamentario do PSdeG pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polas declaracións realizadas por Gonzalo Caballero nunha entrevista concedida na Cadena Ser, na que asegurou que mantería polo menos este ano o seu traballo na Universidade de Vigo.

Respecto diso, Leieceaga defendeu que quen lidera o partido en Galicia entre nun futuro na Cámara ao considerar que é por onde "pasa toda a axenda política de Galicia".

Así mesmo, preguntado sobre se deberá ostentar a portavocía do Grupo, cargo que neste momento realiza o propio Leiceaga, púxose ao servizo do partido. "Eu estou sempre ao servizo do meu partido, e iso quere dicir sempre", manifestou.

"O posto non é meu", subliñou antes de sinalar que "o secretario xeral dun partido ten unha posición dominante no Parlamento cando está".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS