Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.01.2018 Actualizado 20:38
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

"Estou moi centrado no Parlamento"

Leiceaga descarta ser o candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago

SANTIAGO. EP  | 12.01.2018 
A- A+

O portavoz socialista no Parlamento galego, Xoaquín Fernández Leiceaga, negou que teña interese en liderar a candidatura do PSdeG-PSOE de Santiago nas eleccións municipais previstas para a primavera do próximo ano.

"Estou moi centrado no Parlamento", asegurou Leiceaga a preguntas dos medios nun almorzo informativo celebrado este venres na sede da Cámara galega.

Así, descartou que baralle presentarse ás primarias para a elección do candidato socialista na capital galega nas eleccións municipais de 2019, xa que ao seu "compromiso" co grupo parlamentario aínda lle quedan "dous anos".

Leiceaga, nacido en Noia (A Coruña) pero afincado en Compostela, foi concelleiro en Santiago entre 2003 e 2005, ano no que abandonou a política local para ser deputado no Parlamento galego.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS