Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 25.05.2018 Actualizado 17:58
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Lídia Senra presenta este venres en Ferrol un libro sobre como "derrotar" o machismo

SANTIAGO. EP  | 11.05.2018 
A- A+

O libro gratuíto 'O feminismo, imprescindible para construír outra Europa', coordinado pola eurodeputada galega Lídia Senra, e que aborda o "debate" sobre "como manexarse na sociedade para derrotar o patriarcado, o machismo" e "facer que todos os dereitos das mulleres sexan respectados", será presentado este venres, 11 de maio, en Ferrol.

O acto, que xa tivo lugar en cidades como Chantada, Vigo e A Estrada, dará comezo ás 19,30 horas no Ateneo de Ferrol --rúa Magdalena, 202-204-- e nel tamén intervirá a coordinadora da Asociación Galega contra os Malos Tratos a Menores (Agamme), Estrela Gómez Viñas.

Senra explicou que con esta serie de actos trata de fomentar un "paso crave", como é a "realización dunha avaliación profunda do rumbo machista" co que "se aplica a diario" a xustiza, así como "dotar de medios e dunha sólida formación con perspectiva de xénero" a todas as persoas que deben implementar e aplicar as leis.

Así, a publicación, cuxa versión dixital se pode consultar na páxina web de Lídia Senra, recolle textos de mulleres que participaron na xornada homónima organizada pola propia eurodeputada en novembro de 2016 en Ourense e na visita realizada ao Parlamento Europeo en novembro de 2015 para acudir á xornada 'O rumbo machista na aplicación das políticas: o caso da xustiza'.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS