Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 16.08.2018
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Lisboa abre o sábado a Biblioteca Daniel Castelao con case 500 obras

Quere ser un espazo de "unidade" entre Galicia e Portugal

SANTIAGO. EP  | 14.05.2018 
A- A+

A sede en Lisboa da Associaçom José Afonso inaugurará este sábado, día 19 de maio, a Biblioteca Daniel Castelao, un "pequeno espazo" que contará con case 500 obras en galego e que reflectirá "a unidade" entre Galicia e Portugal.

Así o explicaron este luns o responsable en Galicia da Associaçom José Afonso, Xulio Villaverde e o alcalde de Rianxo (A Coruña), Alfonso Muíños, pois este é o municipio de procedencia do histórico escritor galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Así, o primeiro edil valorou que se trata dun "proxecto pequeno" pero que conta "cun enorme cariño" por parte do Concello de Rianxo --entidade colaboradora-- e que busca ser "unha embaixada da cultura, a música, as letras e a literatura" portuguesas e galegas.

E é que, segundo unha idea que expresaba Castelao á que se referiu Muíños, "o río Miño non só separa senón que tamén une" ambos os territorios.

Villaverde, pola súa parte, destacou que colaboran no proxecto outras 14 entidades como o Consistorio de Santiago, a Deputación da Coruña e a Fundación Daniel Castelao, entre outras.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS