Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

nombrada una gestora para convocar unha asemblea

López Rico e outras dez persoas materializan o abandono de Anova tras a escisión de Cerna

Solicitaron a súa baixa na organización, despois da escisión da corrente crítica da formación política que lideran Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega

SANTIAGO. EP  | 07.11.2014 
A- A+

O dirixente de Cerna Mario López Rico e outras dez persoas presentaron a súa dimisión da Coordinadora Local de Anova Coruña e solicitaron a súa baixa na organización, despois da escisión da corrente crítica da formación política que lideran Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega.

Segundo recolle un comunicado da formación, o pasado martes día 4 celebrouse unha asemblea extraordinaria de Anova Coruña na que presentaron a súa dimisión, a título individual, e solicitaron baixa da organización 11 persoas integrantes da coordinadora local. Mario López Rico confirmou a Europa Press que el é unha das persoas que materializou xa o abandono da formación.

A asemblea acordou, ante esta situación, nomear unha xestora que terá "como único fin" convocar unha asemblea na que será escollida unha nova coordinadora local. Ao mesmo tempo, Anova Coruña expresou publicamente a súa vontade de "asumir con entusiasmo o labor de construción dunha ferramenta política ao servizo da cidadanía da Coruña e de Galicia".

Hai 10 días, os integrantes a corrente Cerna optaron por abandonar Anova a través dun referendo. Nesa consulta, o 75 por cento dos integrantes de Cerna que expresaron a súa opinión sobre o futuro da corrente mostráronse favorables ao abandono de Anova.

Como primeira consecuencia directa desta decisión, este martes a deputada de AGE Consolo Martínez, membro de Cerna, pediu integrarse no Grupo Mixto, a pesar de que a semana pasada había desvinculado a escisión de Cerna da súa continuidade no grupo parlamentario con EU e manifestara a súa vontade de continuar nel.

Mario López Rico foi durante anos uno dos estreitos colaboradores do histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras e xunto a el abandonou o BNG e emprenderon o proxecto político de Anova. No entanto, o afastamento entre ambos se fraguou cando Beiras apostou publicamente por ir ás europeas con EU e acabou decantando o referendo no que a militancia de Anova avalou esa coalición. Como consecuencia, López Rico abandonou en febreiro a dirección de Anova xunto a outro oito integrantes.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS