Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Losada reprocha a Feijóo que non explique o "porqué" da destrución de "7.000 empregos en Galicia" co PP

Reivindica a venda de Alcoa como exemplo do "proxecto industrial" do Goberno para evitar destrución de postos

Reunión do delegado do Goberno, Javier Losada, con representantes do fondo Parter
 - FOTO: DELEGACIÓN DEL GOBIERNO
Reunión do delegado do Goberno, Javier Losada, con representantes do fondo Parter - FOTO: DELEGACIÓN DEL GOBIERNO

A CORUÑA. EP  | 07.08.2019 
A- A+

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, reprochou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non explicar o "porqué" da destrución en Galicia no últimos sete anos "de 7.000 empregos e 800 empresas".

"Non escoitei a Rajoy nin a Feijóo establecer o porqué", asegurou, após unha reunión con directivos de Parter, o fondo propietario da antiga planta de Alcoa na cidade. Desta forma, Losada respondeu ás críticas do presidente da Xunta á política industrial do Goberno.

Após reunirse co socio director de Parter, Rüdiger Terhorst, e o tamén socio Christoph Terrahe, reivindicou que o Executivo central resolveu "un gran problema que había en Galicia" coa venda, fronte á intención de Alcoa de pechar a planta coruñesa e a de Avilés (Asturias).

"Demostra cal é o proxecto industrial deste Goberno", aseverou Losada, quen cualificou de "moi proveitosa" a reunión cos directivos de Parter.

Con todo, recoñeceu que "o traballo segue", aínda que destacou o "compromiso" do actual Goberno en funcións de aprobar o estatuto electrointensivo; manter as axudas por emisións de CO2 e lograr que os custos enerxéticos sexan máis baixos. "Para iso necesítase un Goberno, un goberno estable e que se faga unha investidura", insistiu.

REUNIÓN CON PARTER
Preguntado polo que trasladaron desde Parter, expuxo que foi "un compromiso de permanencia, de investimento e de elevar a capacidade que poida ter esta empresa". "Foi un parto longo, pero hai un compromiso da actividade industrial e de mantemento dos postos de traballo".

Á reunión tamén asistiron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo; o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto de la Fuente; a xefa de Gabinete do delegado do Goberno, María Rivas; a director da área de Industria, Adrián Alonso; a director da área de Traballo, Enrique Calvo; e o director territorial de Comercio e delegado do ICEX en Galicia, Sergio Prieto.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS