Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 20.05.2013  | Actualizado 00.16

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Luz Casal presenta este sábado o 'Festival da Luz' en Boimorto

Artistas, música e múltiples actvidades para todos na terra da cantante galega

Luz CasalFOTO:
Luz CasalFOTO:

SANTIAGO  | 06.09.2012 
A- A+

Un evento solidario, comprometido co medio rural e cunha anfitrioa de excepción. Luz Casal convídanos á súa casa natal en Boimorto para gozar dun festival único no que escoitar a artistas de talla internacional, gozar da gastronomía e de actividades para toda a familia e coñecer as mellores iniciativas produtivas do noso medio rural.

O Festival da Luz é unha experiencia singular. A infraestrutura dun gran festival trasladada a unha pequena localidade do interior de Galicia: Boimorto. Na aldea de Andabao atópase a casa natal de Luz Casal, rodeada de campos agrícolas que, por uns días, transformaranse no escenario dunha das citas culturais máis atractivas do ano.

Luz Casal é a anfitrioa de Festival da Luz. Convídanos á súa casa a gozar da súa música e da de artistas e grupos amigos da calidade de Manolo García, Dover, Rosendo, Veiga, Chris Barron (ex Spin Doctors) e moitos máis, nun cartel ao que nas próximas semanas iranse incorporando novos nomes.

Pero Festival da Luz non é só música. É un festival multidisciplinar no que teñen cabida actividades de todo tipo dirixidas ao público de todas as idades e no que se dá cita a mellor gastronomía de Galicia. O festival xorde dun compromiso decidido co desenvolvemento socioeconómico do medio rural, e por iso nel ten un espazo destacado o Mercado da Luz, unha mostra das iniciativas produtivas que innovan e fomentan a calidade de vida no rural.

En liña co carácter comprometido do Festival da Luz, a recadación de despacho de billetes destinarase a unha causa solidaria: a loita contra o cancro, a través da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Galicia.


ESCENARIO DA LUZ
SÁBADO 22

LUZ CASAL * MANOLO GARCÍA * VEGA
DI ELAS * LUAR NA LUBRE * ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS * EME DJ * MÄBU
RIFF RAFF * ITH

DOMINGO 23
ROSENDO * DOVER * CHRISTINA ROSENVINGE * CHRIS BARRON
BASIA BULAT * NOVEDADES CARMINHA
NOVA GALEGA DE DANZA

ESCENARIO SON ESTRELA GALICIA
SÁBADO 22

SOLEDAD VÉLEZ * LORENA ÁLVAREZ
ALONDRA BENTLEY * DAVILE MATELLÁN
EL VIEJO CARACOL

DOMINGO 23
ANNI B SWEET * BOAT BEAM
STEREOTIPOS * JANE JOYD
RUBÉN MOINELO

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS