Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 18.05.2013  | Actualizado 11.27

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este domingo

A luz sobe un 3,95%, o gas natural un 2,26% e o butano un 5,92%

MADRID. EP  | 01.07.2012 
A- A+

A Tarifa de Último Recurso (TUR) de electricidade subirá a partir de mañá 1 de xullo un 3,95% de media, mentres que a de gas natural o fará nunha media do 2,26%, o que encarecerá o recibo de gas en 14,89 euros ao ano.

Xunto a isto, o prezo da bombona media de butano, de 12,5 quilogramos, tamén subirá mañá, un 5,92%, e encarecerase en 92 céntimos con respecto aos 15,53 euros actuais.

O incremento na tarifa de electricidade prodúcese despois de que o Goberno decida conxelar as peaxes eléctricas, que recollen os custos regulados do sistema.

Esta suba da TUR da luz é a segunda do ano, xa que en abril se aplicou un incremento do 7%, mentres que no caso do gas, a TUR subiu un 0,5% en xaneiro e un 5% en abril.

A tarifa regulada, á que se acollen preto de 20 millóns de consumidores, sobe despois de que a poxa entre comercializadores de último recurso desta semana botase un incremento do 9,3%, o que, trasladado ao recibo final, exerce unha presión á alza do 3,9%.

Ao manter a parte regulada do recibo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo traslada só á tarifa o incremento do custo da enerxía do 3,9%, mentres segue traballando nunha reforma eléctrica que reduza os custos do sistema e permita acabar co déficit de tarifa.

No caso da tarifa de gas, o incremento medio do 2,26% é froito dunha suba do 1,69% na TUR 1 (consumo de auga quente e cociña), ou de 3,95 euros ao ano, e dun incremento do 2,16% na TUR 2 (auga quente, cociña e calefacción), ou de 16,14 euros ao ano.

O departamento dirixido por José Manuel Soria tamén decidiu, ao igual que coa electricidade, conxelar as peaxes do gas natural e trasladar unicamente ao recibo o incremento no custo da enerxía.

BUTANO

En canto ao butano, o incremento do 5,92% aplicarase a pesar de que o Tribunal Supremo acaba de emitir unha sentenza na que anula a actual fórmula de revisión de prezos tras constatar que os seus termos obrigan aos operadores do sector a vender a perda.

Non obstante, Industria non adopta aínda a sentenza do Supremo, que acaba de coñecerse e a aplicación da cal obrigaría a subir nun 19% o prezo da bombona a partir do 1 de xullo.

A suba de mañá será a segunda do ano, despois de que o Goberno conxelase o prezo da bombona en xaneiro e aplicase un incremento do 2,9% en abril.

En 2011, a bombona subiu en cada unha das súas revisións trimestrais, a razón dun 3,13% en xaneiro, un 6% en abril, un 5,7% en xullo e un 1,96% en outubro, o que situou o incremento ao longo de 2011 no 14,23%. En España hai entre oito e dez millóns de consumidores de butano.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS