Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

NUNHA SOA SEMANA

Máis de 3.000 apoios ao escrito contra a marxinación do galego nos medios

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 19.10.2011 
A- A+

O pasado 10 de outubro tivo lugar en lugar en Compostela a presentación dun escrito contra a marxinación do galego nos medios de comunicación que  recibiu xa, a tan só unha semana da presentación do sitio http://marxinaciondogalegonosmedios.es, onde pode ser consultado e asinado- o apoio de máis de 3000 persoas e colectivos de variados ámbitos, profesións e opcións ideolóxicas, representación do amplo espectro da sociedade galega, cunha sobranceira presenza de persoas relevantes do mundo da Cultura e o Ensino. Naturalmente, hai tamén un nutrido grupo de xornalistas. Este masivo apoio, que segue a medrar día a día, demostra que as reclamacións expresadas son compartidas por un amplísimo sector da poboación do noso país.

Os asinantes reclaman:

1) A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito ou do tempo de programación

2) A reprodución literal en galego das entrevistas, declaracións e intervencións feitas nesta lingua

3) A transcrición literal dos eslógans e pancartas das mobilización na súa lingua orixinal.

Os promotores do escrito afirman no sitio web que "esta reclamación do mínimo respecto seralles trasladada aos empresarios ou directores dos medios, e se estes continuaren na súa actitude discriminatoria estudaremos facer valer os nosos dereitos ante os tribunais de Xustiza e as instancias internacionais pertinentes."

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS