Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 22.05.2013
| Actualizado 10.31
ata 2014
Máis de 800.000 euros en axudas para seis investigadores galegos
SANTIAGO. EP | 19.06.2012
Cinco investigadores galegos "líderes" dos programas Starting Grants e Consolider recibirán un complemento de 820.000 euros en axudas que se distribuirán ata 2014, por parte da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O titular do departamento autonómico, Jesús Vázquez, asinou este martes o convenio de apoio co reitor compostelano; Juan Casares Long, e farao "en breve" co seu homólogo vigués, Salustiano Mato, no que queda reflectido que os beneficiarios destas axudas contan cun presuposto a distribuír con 320.000 euros este ano, 250.000 o próximo e o seguinte.
Cada un dos líderes das Starting Grands recibirán axudas económicas anuais de 50.000 euros durante tres anos, mentres que no caso do Consolider será de 70.000 euros durante un ano.
Trátase de David Posada González, do grupo de investigación Xenética de Poboacións do departamento de Bioquímica Xenética e Inmunoloxía da UVigo. Por parte da USC serán Francisco Rivadulla, do grupo Magnetismo e nanotecnoloxía; Rubén Nogueiras, de metabolismo Molecular; Miguel López Pérez, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, e Carlos Salgado, de Física de Altas Enerxías. Dos Consolider, recoñécese a Juan M. Lema Rodicio, líder do proxecto NOVEDAR.
Segundo destaca Educación, o convenio que se asina supón "un reforzo nos ámbitos da excelencia das políticas de investigación" no sistema universitario galego-
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.