Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Máis Galiza celebra este xoves o seu Consello con división sobre a ruptura co BNG

22.02.2012 

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A corrente do BNG que lidera Carlos Aymerich, Máis Galiza, celebra este xoves o seu consello Político nun clima de división sobre qué futuro debe tomar esta sensibilidade que comezou como plataforma na asemblea de 2009.

Será clave a cita deste xoves, xa que a postura que saia e os acordos que se adopten poderían determinar o transcurso da asemblea do 11 de marzo. No conclave decidiranse as coordenadas políticas de Máis Galiza, os seus órganos de dirección e a súa conversión en partido político, unha das cuestións sobre as que están a favor os partidarios de continuar no seo da formación frentista.

Con todo, aínda que hai voces de peso entre os que apostan por seguir no BNG, estas piden "xestos verificables" por parte a maioría que ostenta Alternativa pola Unidade (APU) --plataforma que auspicía a UPG--. Estes "xestos" pídense en varios ámbitos, que atinxen "á "dirección orgánica, discurso e representación institucional".

Non obstante, os defensores de marchar desestiman como boa a idea de darse un prazo despois da asemblea do 11 de marzo para volver comprobar se se cumpren eses xestos dous meses máis tarde e apostan por levar a cabo un debate que permita saír xa, co futuro definido.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS