Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Máis de mil persoas subscriben un manifesto en apoio aos denunciados por "defender o galego"

10.02.2012  Convocan unha concentración na Coruña, onde se celebrará este venres o xuízo contra Carlos Callón

4.8/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

Máis de mil persoas subscribiron o manifesto 'queremos xustiza para a nosa lingua: non á criminalización na súa defensa!, co fin de trasladar o seu apoio ás persoas denunciadas polo xuíz decano de A Coruña, Antonio Fraga Mandían, tras esixirlle que cumpra a Lei de Normalización Lingüística e respecte a toponimia.

Entre os asinantes atópanse escritores como Agustín Fernández Paz, Yolanda Castaño, Xavier Alcalá, ou Teresa Moure, xunto a outras persoas destacables do ámbito social e cultural galego, como Carlos Blanco, Bieito Romero ou Antón Reixa.

A Mesa pola Normalización Lingüística recordou que o propio xuíz denunciou ao presidente da asociación, Carlos Callón, tras recriminarlle unha frase na que Fraga Mandián aseguraba non ter "ningún rubor en usar a ilegalidade do topónimo La Coruña" e pedirlle, ademais, que cumpra coa lexislación. Esta situación foi criticada polo parlamentario do BNG Carlos Aymerich, que á súa vez foi denunciado polo xuíz decano.

En declaracións a Europa Press, Callón insistiu en que non cometeron "máis delito" que esixir o cumprimento da lexislación vixente, polo que considera que se trata dun xuízo "disparatado" que parece "unha comedia de situación".

Con motivo do xuízo ao presidente de A Mesa, os representantes das persoas asinantes do manifesto chaman a participar nunha concentración protesta ante o Xulgado de Instrución nº2 de A Coruña ás 12.00 horas deste venres.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS