Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 23:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

Máis OCE-BR

JOAQUIM VENTURA  | 24.06.2019 
A- A+

Escribía o pasado mes de febreiro nestas páxinas sobre o libro de Jordi Borja Bandera Roja 1968-1974. Esta obra quería recuperar unha parte da memoria da loita antifranquista pero o facía –cousa que é igualmente lexítima- a partir das súas lembranzas persoais, que acababan cando unha parte daquel partido ingresou (o reingresou) no PSUC.

Naquel mesmo febreiro apareceu nas librarías o relato do xornalista e escritor Pere Meroño, Historia de Bandera Roja, 1968-1989 (Editorial Gregal). Neste caso, a visión amplíase ao conxunto da traxectoria da OCE-BR, ata a súa autodisolución xa entrados en democracia.

Meroño articulo este repaso de máis de vinte anos a partir dos cuestionarios contestados por 358 persoas, case todas antigos membros da organización, o que constitúe, sen dúbida, un esforzo admirable. A iso cómpre sumar a consulta de diversa bibliografía e de arquivos que conservan material daqueles años.

Con independencia do resultado, esta obra pode servir de guía para que os futuros historiadores das loitas obreiras teñan fixadas que empresas existían no período narrado e o movemento sindical que houbo nelas e nas zonas onde estaban situadas. Empresas moitas delas xa desaparecidas ben por peche, ben por absorción ou transformación. Empresas cuxa actividade, en moitos casos, desapareceu por simple deslocación á China ou a outras zonas con costes laborais e medioambientais máis baixos. O elenco tamén é a historia dos sectores produtivos daqueles años.

A diferencia do relato de Jordi Borja, este de Meroño dá a voz aos protagonistas que, con maior ou menor fortuna, fixaron cadansúas lembranzas nos cuestionarios contestados. E nesa diferencia de relatos (forzosamente máis restrinxido o de Borja), constatamos dúas circunstancias. A primeira, as tres etapas que tivo a organización Bandera Roja: desde a súa fundación ata a escisión dos “bandeiras brancas” que ingresaron no PSUC (e en menor medida, no PCE); a perda dos valores innovadores que consigo levaban os escindidos, cousa que se traduciu nunha maior ideoloxización; e xa coa chegada da democracia, pura supervivencia dun núcleo residual ata a autodisolución.

No artigo de febreiro recoñecíame como membro da OCE-BR desde 1973. Tal condición chegou ata 1978 e xa non participei de forma activa nas municipais de 1979. Sen embargo, nos meses posteriores coincidín –un par de reunións, sen maior transcendencia- co sector disidente que se articulou nos chamados Col·lectius Comunistes de Catalunya, que prepararon a súa participación na fundación de Nacionalistes d’Esquerra en 1980, organización na cal ingresei de maneira individual despois das primeiras eleccións autonómicas.

Nas declaracións de antigos membros da OCE-BR non se percibe, en xeral, nostalxia nin sectarismo cara a outros colectivos. O formato de crónica impide, sen embargo, unha análise sosegada, con perspectiva, que será tarefa para futuros historiadores ou analistas políticos.

Así, se bota en falla unha mellor situación da realidade da organización no entorno político de cada momento, especialmente no tempo da ditadura e da súa continuidade nos anos inmediatos tras a morte de Franco. Nese senso, quedan por responder algunhas preguntas ou cuestiones.

Una de elas sería as dificultades de análise que a propia situación de ditadura (moi especialmente o que afectaba á clandestinidade) forzaba, a diferencia do que sucedía en Francia, Italia ou Alemaña. Outra sería –e no relato que nos ocupa aparece fugazmente algunha resposta- que facía das análises de Bandera Roja –especialmente na súa primeira etapa- un referente distinto verbo doutras forzas da esquerda revolucionaria; moi especialmente, a non consideración do réxime franquista como estritamente fascista.

Era aquela unha situación na cal o árbore nos impedía ver o bosque e como este se transformaba. E unha das consecuencias foi que boa parte dos militantes daquela esquerda antifranquista, máis que comunistas, éramos simplemente demócratas. E iso tamén incluía ao PSUC e ao PCE, cousa que non souberon ver e que motivou o seu fracaso xa en 1977.

Algunha conclusión que se pode tirar -e xa a apuntou Jordi Borja- é a condición de modernidade e de reflexión que Bandera Roja levaba implícita, e a calidade dos seus cadros (e que continuou malia a ideoloxización que padeceu o partido despois dla marcha dos “bandeiras brancas”). Por iso resultaba atractiva para renovar un PCE-PSUC burocratizados: o seu eurocomunismo chegou cos antigos membros de Bandera Roja.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS