Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 17.42

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ardentía

Manuel Antonio, Obra Completa. I Prosa

MANUEL DOURADO DEIRA  | 14.07.2012 
A- A+

Parabéns millonarios á Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié (FB) pola publicación do primeiro volume da Obra completa á que se refire o titular. A prosa de Manuel Antonio, un dos grandes Poetas e escritores de Rianxo con paradigmática transcendencia universal estaba fragmentariamente publicada. Por iso, o plan que a RAG e a FB é realmente magnifico e atreveríame a augurar que tamén o vai ser para un o futuro da Cultura de Galicia.


Penso que todo o anterior se pode e se debe aplicar, en especial, para noso modélico escritor Xosé Luis Axeitos Agrelo, autor da edición e notas da obra citada. Axeitos é outro dos escritores rianxeiros cuxa xa dilatada traxectoria en varios campos da Cultura de Galicia elevouno á Real Academia Galega (RAG), da que é Secretario. Sobre todo, no campo da investigación, en especial, naqueles sectores que, por diversos avatares históricos, adoecían da falla de coñecemento e subseguinte publicación. En consecuencia, de divulgación xeral.


A obra foi presentada no Auditorio de Rianxo o pasado 30 de xuño. Estiveron na mesa presidencial, o poeta Xesús Santos, o delegado da Fundación Barrié e o propio autor. Presidiu o Alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Axeitos, entre outras cosas, dixo:

“Eu prefería que pechara o Santuario da Guadalupe ou Concello e que a Casa de Manuel Antonio estivese aberta para todos os patriotas do país, para todos so lectores”. Hiperbólica metáfora para salientar a obra completa do vate rianxeiro, quen, demais, ten unha doméstica nota común: os dous son da parroquia rianxeira de Asados, a mesma que é berce do poeta Xesús Santos, un dos presentadores na mesa, como queda dito. Nesta ocasión representaba a Barbantia.


Como indica o titular, esta obra é o primeiro tomo, porque o plan de edición contempla a posibilidade de catro volumes máis; ou sexa: cinco en total. Isto indica a envergadura tanto da obra como do escritor e poeta Manuel Antonio. Ata aquí, os más coñecido de Manuel Antonio era o famoso poemario titulado De Catro a Catro. A partir de agora, espero que o público teña unha visión do Poeta de Rianxo-Asados que sexa bastante máis coñecido dun modo máis integrado e integral. Segundo nos explica o propio Axeitos na Introducción, “o primeiro para a prosa; o segundo e terceiro, para o riquísimo epistolario, inédito en gran parte; o cuarto para a poesía; e o derradeiro volume destinado a biografía do escritor rianxeiro. A inclusión do quinto volume permítenos incluír unha serie de escritos, notas, documentos, e iconografía diversa que se conservan inéditos entre os papeis do autor”.


Noutro lugar da mesma Introducción, Axeitos aclara: “A realización do proxecto que se inicia con este volume sentímola como culminación dun proceso sempre agardado e unha e outra vez frustrado polas circunstancias estrañas que concorreron na custodia dos papeis do escritor”. Certo! Continuaremos noutra ocasión, dentro do que me permita a actualidade . Poeta e o autor meréceno..


Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS