Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 19.06.2018 Actualizado 20:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Mar asegura que "xa non se aprecia contaminación" após afundirse un pesqueiro en Muxía

É un pesqueiro sen tripulación e cargado de 1.500 litros de combustible

SANTIAGO. EP  | 06.03.2018 
A- A+

A Consellería do Mar asegurou que "xa non se aprecia contaminación" após afundirse na noite do luns un pesqueiro sen tripulación e cargado de 1.500 litros de combustible en Muxía (A Coruña).

Así o aseguraron a Europa Press fontes do departamento de Mar, que puntualizaron que se manteñen as barreiras anticontaminación "por prevención" á espera de que o armador reflote o barco.

O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu a alerta do afundimento do pesqueiro sobre as 23,15 horas do luns a través do aviso dun particular.

Após iso, o 112 informou do ocorrido a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas, á Guardia Civil, a Portos de Galicia e a Protección Civil.

Persoal de Portos de Galicia e do Servizo de Gardacostas despregaron barreiras anticontaminación na zona do afundimento, polo que a vertedura de combustible do pesqueiro afundido quedou confinada na dársena.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS