Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 24.10.2014  | Actualizado 20.29

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

patrimonio de cargos públicos

Mar Barcón declara dúas vivendas compartidas de 140.000 euros e dúas contas con 84.000

SANTIAGO. EP  | 04.04.2012 
A- A+

A voceiro municipal do PSOE no Concello de A Coruña, Mar Barcón, fixo pública, xunto ao resto de concelleiros do grupo, unha declaración de bens na que indica que posúe unha vivenda habitual na cidade e unha secundaria en Betanzos, ambas as dúas compartidas e hipotecadas, cunha calor catastral de 37.421,62 euros unha e 97.109,86 euros a outra.

Ademais, Barcón, que exerce a tempo parcial como médico nunha clínica, fai constar que é titular dunha conta en Novagalicia, con 25.222 euros; e cotitular doutra na mesma entidade con 59.000 euros, de acordo cos saldos do 6 de xuño de 2011. A voceiro posúe tamén un turismo Seat Córdoba do ano 1999, 26 dereitos do Banco Santander, cunha rendibilidade de 12,49 euros en 2010; un plan de pensións de 10.577 euros e unha póliza de seguro de vida, enfermidade e xubilación de 18.323,70 euros.

Pola súa banda, Salvador Fernández Moreda declara ter dous pisos en A Coruña, adquiridos en 1989, e unha casa en Oleiros, finalizada en 2003; ademais de 7.755 accións do Banco Santander e 6.000 participacións da Hispano Europea de Xestión e Servizos SRL, que está en fase de disolución. Sinala que posúe catro turismos.

Silvia Longueira fai constar na súa declaración que é propietaria de dous pisos (un adquirido en 1995 e outro en 2006); que ten 83 accións de Inditex e 298 de Telefónica; cadros de pintores como Laxeiro ou Granell; e un turismo. A edila ten unha hipoteca de 212.000 euros e dous créditos persoais de 6.000 e 12.000 euros.

Jesús Fernández Díez declara un piso, un garaxe e outro garaxe para moto; ademais de tres turismos. O concelleiro indica que ten unha hipoteca de 10.112 e un crédito de consumo por 11.814 euros.

José Nogueira, pola súa banda, inclúe na súa declaración de bens un piso adquirido en 1993, dous turismos e unha moto, e ten pendente un crédito para a compra dun coche.

Gloria del Valle declara unicamente dúas contas con depósitos de 15.000 e 30.000 euros e un turismo adquirido no ano 2004. Neves Vázquez Novo, pola súa banda, indica que posúe unha vivenda en Sada, comprada en 2002 e un turismo.

Por último, Eudoxia Neira inclúe no seu documento unha vivenda unifamiliar e unha praza de garaxe, dous automóbiles e dous créditos (unha hipoteca por 185.000 euros e un crédito persoal por 10.000 euros).

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS