Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

SEMINARIOS E CONGRESOS

Mar promove a innovación no sector da carpintaría de ribeira con 28.000 euros

SANTIAGO. EP  | 19.06.2017 
A- A+

A Consellería do Mar asinou este luns un convenio de colaboración coa Asociación Galega de Carpintaría de Ribeira (Agalcari) por valor de 28.000 euros para impulsar a realización de distintas actividades neste sector tradicional.

Este convenio foi asinado no marco dunha visita da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a Estaleiros Catoira (Rianxo), pertencente a Agalcari.

Nun comunicado, a Consellería informou de que a través deste convenio apoiará a Agalcari "na organización de diferentes eventos promocionais da carpintaría de ribeira, como seminarios e congresos", ademais de "realizar estudos e editar publicacións sobre a actividade e a adquisición de equipamento necesario para o funcionamento da asociación".

Segundo sinalou Quintana neste encontro, "o obxectivo é promover o dinamismo e a innovación no sector, así como manter viva a tradición da construción de embarcacións en madeira".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS