Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Marcha a pé desde Ferrol á Coruña para esixir traballo para Navantia

07.02.2012  Sindicalistas inician unha camiñada para pedir a construción dun dique flotante // A protesta concluirá o xoves ante a Delegación do Goberno cunha manifestación á que están convocados 4.000 traballadores do naval

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FERROL. EP

Traballadores de Navantia marchando desde Ferrol cara á Coruña FOTO: KIKO DELGADO
Traballadores de Navantia marchando desde Ferrol cara á Coruña
FOTO: KIKO DELGADO

Preto de 125 delegados sindicais de Navantia Fene e Ferrol e de empresas auxiliares iniciaron ás 9.00 horas deste martes unha marcha a pé que culminará na mañá do xoves cunha mobilización na Coruña, ante a Delegación do Goberno, á que están convocados preto de 4.000 traballadores.

Coa protesta, os delegados sindicais alertan da situación "moi crítica" na que se atopa o sector naval na comarca, do que hai dous anos dependían, segundo datos oficiais, preto de 17.000 empregos directos e indirectos. A falta de novos contratos deixará as "bancadas", as zonas de construción de Navantia, sen barcos a partir de xullo.

Neste contexto, os sindicatos reclaman solucións ao Goberno e á Xunta de Galicia e sitúan o dique flotante como alternativa á falta de novos contratos, xa que xeraría ocupación inmediata en construción para "1.000 traballadores" e permitiría aos estaleiros a reparación de grandes buques, como grandes gaseros ou portaconedores. Ademais, reclámase ao Goberno que se encargue a sexta fragata para a Armada española, comprometida durante o mandato do PSOE, e que sería construída na ría de Ferrol.

"O problema está dentro e fóra das murallas" dos estaleiros, asegurou Fernando Sinde, presidente do Comité de Empresa de Navantia Ferrol, porque "se Navantia se constipa, a comarca sufrirá unha forte gripe", ante unha situación "cada vez máis complicada", "sen barcos na bancada a partir de xullo". Sinde defendeu a necesidade de que se constrúa o dique flotante, entendido como "investimento" e "non como subvención".

IMPLICACIÓN DOS ALCALDES

Ao paso da marcha, os delegados sindicais teñen previsto entregar aos alcaldes de Fene, Pontedeume, Miño e Oleiros documentos nos que se explica a situación do sector, que representa o 40 por cento dos empregos industriais de Ferrolterra. Segundo resaltan os comités de empresa, no ano 2010, case o 3,5 por cento do emprego de toda a provincia da Coruña xerouse en Navantia e a súa produción supuxo o 3 por cento do PIB provincial.

A marcha a pé arrincou puntualmente ás 9.00 horas na porta de Navantia Ferrol, a antiga Bazán. Os delegados sindicais vestían petos amarelos e mostraban carteis nos que pedían "carga de traballo para Navantia". A ruta iniciouse na avenida de Esteiro e continuou pola ponte das Pías até Fene, onde se uniron os delegados sindicais do estaleiro público fenés. De alí, os traballadores continuaron cara a Cabanas e Pontedeume.

A ruta deste luns concluirá en Miño, onde os sindicalistas pasarán a noite no pavillón municipal. O mércores retomarán a camiñada ás 10.00 e transitarán polos termos municipais de Bergondo e Oleiros. Finalmente, o día 9, a protesta chegará á Coruña.

Aos delegados sindicais uniránselles o xoves preto de 4.000 operarios do naval que se desprazarán en case 60 autobuses. O punto de encontro será a rotonda de Casabranca ás 9.45. De alí, arrincará a manifestación, que concluirá ante a Delegación do Goberno, onde terá lugar unha reunión de representantes sindicais co delegado do Goberno, Samuel Juárez, ás 10.30 horas.

Ao representante do Goberno en Galicia queren reclamarlle que transmita ao Executivo de Mariano Rajoy a preocupación dos traballadores ante a falta de carga de traballo e que se cumpran os compromisos adquiridos pola Xunta antes das eleccións do 20 de novembro.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS