Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 13.12.2017 Actualizado 17:49
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

En Marea acusa a Feijóo de gastar 70.000 euros en "mentir" sobre os lumes

A Xunta mantén que a actividade incendiaria é "terrorismo"

SANTIAGO. EP  | 05.12.2017 
A- A+

O deputado de En Marea Davide Rodríguez reprochou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que gastase 70.000 euros en "imprimir" en todos os xornais unhas palabras "precipitadas" e "falsas" sobre a orixe dos incendios que arrasaron Galicia en outubro; ante o cal a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantívose na versión de que existe o "terrorismo incendiario".

"Mentiu", sentenciou o parlamentario da formación rupturista ante o pleno da Cámara, para enumerar unha retahíla de sinónimos da palabra "mentireiro" e acusar o presidente de falar "sen ter ningunha proba" de que existe unha trama dedicada a queimar o monte en Galicia.

"¿Como se atreve a dicir que o presidente mentiu?", respondeulle a conselleira, quen insistiu en que quen prenden lume deliberadamente son "terroristas" porque pon en risco a natureza e as vidas humanas. "Eu non dubido en consideralos terroristas, defendereino unha e mil veces", recalcou, pero puntualizou que a Xunta non falou de que houbese "unha trama" organizada.

Pero máis aló de que os incendiarios actúen "de forma individual ou en grupo", despois de que Rodríguez alertase de que "o problema é o estado do monte e o despoboamento do rural", Vázquez aseverou que a Xunta traballa para evitar que se produza unha nova vaga de incendios.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS